Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 71 Xoves, 14 de abril de 2016 Páx. 13661

VI. Anuncios

b) Administración local

Deputación Provincial de Lugo

ANUNCIO da delegación das competencias do Concello de Cospeito.

No Boletín Oficial da provincia de Lugo número 41, do 19 de febreiro de 2008, publicaron as bases que rexen a aceptación e asunción, por delegación expresa, de competencias en materia de xestión, inspección e recadación en relación con tributos, prezos públicos e outros ingresos de dereito público, así como o alcance e contido da delegación efectuada, entre outros polo Concello de Cospeito, que foi tamén publicado no Diario Oficial de Galicia número 46, do 5 de marzo de 2008.

No Boletín Oficial da provincia de Lugo número 286, do 13 de decembro de 2008, publicouse a reforma das citadas bases.

O Concello de Cospeito, no Pleno da Corporación Municipal, en sesión ordinaria que tivo lugar o día 29 de setembro de 2011, adoptou o acordo de delegación. O día 9 de novembro de 2011 asinou o convenio entre o Concello de Cospeito e a Deputación Provincial.

O Concello de Cospeito amplía a delegación de competencias, a cal foi aprobada polo Acordo adoptado polo Pleno da Corporación Municipal en sesión plenaria ordinaria que tivo lugar o día 12 de xaneiro de 2016, que é aceptada pola Deputación Provincial (Decreto número 167, do 3 de febreiro de 2016), segundo o teor literal seguinte:

«Primeiro. Aceptar a delegación do Concello de Cospeito, a partir da publicación no BOP e no DOG, que literalmente di:

“Primeiro. Acollerse á cláusula terceira-Contido opcional 3 das bases aprobadas pola Deputación Provincial de Lugo o 27 de novembro de 2007 e, por conseguinte, delegar as competencias de xestión recadatoria en período executivo de todas aquelas débedas derivadas de liquidacións periódicas, ou non periódicas, realizadas polo Concello de Cospeito en período voluntario, incluídas as sancións e aquelas outras derivadas dun acto administrativo en virtude do cal tivese que satisfacer cantidade líquida.

Segundo. A delegación quedará sometida ás condicións previstas nas citadas bases en todo aquilo relativo ás condicións de delegación: réxime xurídico; alcance e exercicio das competencias delegadas; mellora na xestión tributaria do Concello; formas de xestión; contías mínimas; cargos en período executivo; colaboración co Concello, compensación económica; entregas a conta; liquidacións provisionais e definitivas; réxime de vixencia, e procedemento de delegación e aceptación.

Terceiro. Solicitar que se incorpore este acordo ao convenio vixente asinado con data do 9 de novembro de 2011 (BOP núm. 272, do 28 de novembro)”.

Segundo. Acordar a publicación da presente delegación no Boletín Oficial da provincia e no Diario Oficial de Galicia».

O día 29 de febreiro de 2016, no Boletín Oficial da provincia de Lugo número 48, publicouse o contido do acordo do citado concello.

Lugo, 23 de marzo de 2016

P.D. (Decreto 2616/2015, do 26 de outubro)
Mª del Pilar García Porto
Deputada delegada de Economía, Recadación, Facenda e Especial de Contas da Deputación Provincial de Lugo

Manuel Castiñeira Castiñeira
Secretario xeral da Deputación
Provincial de Lugo