Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 71 Xoves, 14 de abril de 2016 Páx. 13657

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Vigo

ANUNCIO de contratación das obras de mantemento e reparación nos campos de fútbol de Comesaña e O Meixoeiro.

1. Entidade adxudicadora: a) Organismo: Concello de Vigo. b) Dependencia que tramita o expediente: Servizo de Deportes. c) Obtención de documentación e información: www.vigo.org (perfil do contratante), teléfono: 986 81 01 48, fax: 986 22 62 06. Data límite para solicitar a documentación: ata o día de finalización do prazo de presentación de proposicións. d) Número de expediente: 14667-333.

2. Obxecto do contrato: a) Tipo: obras. b) Descrición: execución por lotes das obras dos seguintes proxectos: Reparación e mantemento no campo de fútbol de Comesaña e Reparación e mantemento no campo de fútbol do Meixoeiro. c) CPV: 45212200-8. d) División por lotes e número de lotes: si, 2. e) Lugar de execución: Vigo. f) Prazo de execución: lote 1: 3 meses; lote 2: 2 meses.

3. Tramitación e procedemento: a) Tramitación: ordinaria. b) Procedemento: aberto. c) Criterios de adxudicación: os consignados no número 8 da FEC do prego de cláusulas administrativas particulares.

4. Orzamento base de licitación: a) Importe total: 131.573,04 euros (IVE incluído). b) Dotación por lotes: lote 1, Reparación e mantemento no campo de fútbol de Comesaña: 78.582,65 euros; lote 2, Reparación e mantemento no campo de fútbol do Meixoeiro: 52.990,39 euros.

5. Garantías exixidas: a) Provisional: non se exixe. b) Definitiva: 5 % do importe do contrato, excluído o IVE.

6. Requisitos específicos do contratista: a) Clasificación: non se exixe. b) Solvencia económica e financeira e solvencia técnica e profesional: a exixida no número 6) das follas de especificacións do contrato (FEC).

7. Presentación de ofertas: a) Data límite de presentación: o prazo rematará aos 26 días seguintes ao de publicación do presente anuncio no BOP e no DOG. b) Lugar de presentación: Rexistro Xeral do Concello de Vigo, pza. do Rei, s/n, 36202 Vigo. c) Admisión de melloras: non. d) Prazo da obriga de manter a oferta: dous meses contados desde o día da apertura de proposicións.

8. Apertura de ofertas: a) Enderezo: Casa do Concello de Vigo, pza. do Rei, s/n, 36202 Vigo. b) Data e hora: anunciarase no perfil do contratante do Concello de Vigo ( www.vigo.org ).

9. Gastos de publicidade: pagaraos o adxudicatario ata a cantidade de 1.000 euros.

Vigo, 4 de abril de 2016

P.D. (Decreto do 19.6.2015 e Acordo do 19.6.2015)
David Regades Fernández
Concelleiro delegado de Contratación