Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 71 Xoves, 14 de abril de 2016 Páx. 13656

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Vigo

ANUNCIO de información pública sobre emprazamento de persoal.

Iria Mª Álvarez Canella interpuxo recurso contencioso-administrativo nº 151/2016, sobre dereitos fundamentais, contra o Acordo da Xunta de Goberno Local do 3.2.2016, que declara caducada a oferta de emprego público correspondente aos anos 2010/2011 (2ª fase), que se está a tramitar perante o Xulgado do Contencioso-Administrativo número 1 de Vigo. Mediante este anuncio e para os efectos da publicidade exixida polo artigo 47.2 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa, na redacción dada pola Lei 13/2009, do 3 de novembro, de reforma da lexislación procesual, emprázanse os posibles interesados que desexen comparecer no proceso indicado.

Vigo, 18 de marzo de 2016

P.D. (Decreto do 19.6.2015)
Javier Pardo Espiñeira
Concelleiro delegado da Área de Xestión Municipal e Persoal