Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 71 Xoves, 14 de abril de 2016 Páx. 13655

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Betanzos

ANUNCIO da aprobación inicial do estudo de detalle dunha parcela no polígono industrial de Piadela.

A Xunta de Goberno Local, na súa sesión do 4 de febreiro de 2016, acordou aprobar inicialmente o estudo de detalle dunha parcela no polígono industrial de Piadela (predio nº 19-2 da UE-3 do plan parcial SAUI-7 Piadela deste concello, tramitado por instancia da entidade Campos Vidal, S.L. O que se fai público polo prazo de vinte días, contados a partir do día seguinte ao da publicación deste anuncio, segundo o disposto no artigo 86.2 da Lei 9/2002, do 30 de decembro, de ordenación urbanística e protección do medio rural de Galicia, para os efectos das posibles alegacións que se consideren procedentes. O expediente queda de manifesto, durante o prazo sinalado, no Servizo de Urbanismo deste concello.

Betanzos, 16 de marzo de 2016

José Ramón García Vázquez
Alcalde