Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 71 Xoves, 14 de abril de 2016 Páx. 13653

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Portos de Galicia

CÉDULA do 1 de abril de 2016 pola que se notifica a resolución de procedemento administrativo sancionador devolto polo servizo de Correos por non ser posible a notificación do expediente 12-48-15-103.

De conformidade co disposto nos artigos 59.5 e 61 da Lei 30/1992, do 26 de novembro (BOE núm. 285, do 27 de novembro), modificada pola Lei 15/2014, do 16 de setembro (BOE núm. 226, do 17 de setembro), de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, notifícaselle ao denunciado, cos datos persoais e último domicilio coñecido que no anexo se mencionan, mediante a publicación no Boletín Oficial del Estado, a resolución do procedemento administrativo sancionador por infracción do Real decreto lexislativo 2/2011, do 5 de setembro, polo que se aproba o texto refundido da Lei de portos do Estado e da mariña mercante, en relación co Regulamento de servizo e policía dos portos, aprobado pola Orde ministerial do 12 de xuño de 1976, por non ser posible a notificación a través do servizo de Correos.

Así mesmo, este anuncio publicarase no Diario Oficial de Galicia, ben que a eficacia do acto notificado quedará supeditada a súa publicación no BOE.

O órgano competente para a resolución do expediente, de acordo coa tipificación e contía da sanción e, en virtude do disposto no artigo 39.1.a) do Decreto 227/1995, do 20 de xullo (DOG núm. 146, do 1 de agosto), é a Dirección do ente público.

Contra a presente resolución, que non pon fin á vía administrativa, poderase interpoñer recurso de alzada ante o presidente do Consello de Administración, segundo o establecido no acordo de delegación de competencias do Consello de Administración do ente público Portos de Galicia, publicado mediante a Resolución do 1 de setembro de 2008, no DOG núm. 190, do 1 de outubro. O prazo para interpoñer este recurso é dun mes a contar a partir do día seguinte ao da publicación desta cédula no Boletín Oficial del Estado.

Transcorrido ese prazo, a resolución sancionadora devirá firme e executiva e poderá facerse efectiva en período voluntario o importe da sanción, dentro do prazo establecido no artigo 62 da Lei 58/2003, do 12 de decembro, xeral tributaria (BOE núm. 302, do 18 de decembro), mediante ingreso en calquera oficina das entidades de depósito colaboradoras (Banco Sabadell/Gallego, Banco Pastor, Banesto, BBVA, BSCH e Abanca), empregando o modelo impreso que se facilitará nos servizos centrais de Portos de Galicia.

De non efectuarse o ingreso nese prazo, procederase á súa exacción por vía executiva.

Santiago de Compostela, 1 de abril de 2016

José Ignacio Villar García
Director de Portos de Galicia

ANEXO

Expediente

Denunciante

Denunciado

Último enderezo coñecido

Feito denunciado

Data-hora-porto

Precepto infrinxido

Precepto sancionador

Sanción proposta

Sanc. 12-48-15-103

7651-BRT

Celador do porto

Marta Lucía Fernández Diz

Avda. de A Coruña, nº 70-5º F, 15960 Ribeira (A Coruña)

Estacionamento prohibido

7.7.2015; 12.15 horas

Ribeira (A Coruña)

Artigo 306.1.a) do Real decreto lexislativo 2/2011, TRLPEMM

Artigos 17 e 64 da

OM do 12.6.1976

Artigo 312 do Real decreto lexislativo 2/2011, TRLPEMM

90,15 €