Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 67 Venres, 8 de abril de 2016 Páx. 12745

III. Outras disposicións

Consellería de Política Social

ORDE do 1 de abril de 2016 pola que se fixan os prezos privados correspondentes á prestación de servizos nas instalacións xuvenís e á expedición de carnés dirixidos á mocidade, xestionados pola Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado.

En cumprimento do disposto na Lei 6/2003, do 9 de decembro, de taxas, prezos e exaccións reguladoras da Comunidade Autónoma de Galicia, procede establecer os prezos dos servizos prestados nos campamentos, albergues, residencias e demais instalacións xuvenís dependentes da Consellería de Política Social, ata agora fixados pola Orde do 18 de decembro de 2014 (DOG núm. 249, do 30 de decembro), así como establecer os prezos dos diferentes carnés dirixidos á mocidade que se expiden a través dos servizos de xuventude, casas da xuventude, oficinas TIVE e outras entidades colaboradoras.

A Lei 6/2003 dispón no seu artigo 51 que a súa contía se acordará mediante orde da consellería correspondente, logo do informe favorable da Consellería de Facenda.

En consecuencia, en uso das facultades que me confire o artigo 34.6 da Lei 1/1983, do 22 de febreiro, de normas reguladoras da Xunta e da súa Presidencia,

RESOLVO:

Artigo 1. Obxecto

1. Fixar os prezos exixibles pola prestación de servizos e actividades en campamentos, albergues, residencias e demais instalacións de xuventude, xestionados pola Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado, da Consellería de Política Social, que se recollen no anexo I desta orde.

2. Fixar os prezos relativos á expedición do Carné Xove, carnés de alberguista nas súas diferentes modalidades e carnés TIVE, que se recollen no anexo II.

Estes prezos non serán aplicables ás persoas que acrediten unha discapacidade igual ou superior ao 33 %, que terán dereito á expedición gratuíta destes carnés.

Tamén gozarán desta exención as mulleres vítimas de violencia de xénero, así como os seus fillos e fillas e as persoas que estean baixo a tutela e garda ou custodia destas mulleres. A situación de violencia de xénero acreditarase por calquera dos medios establecidos no artigo 5 da Lei 11/2007, do 27 de xullo, galega para a prevención e o tratamento integral da violencia de xénero, sempre que a orde de protección e/ou as medidas cautelares estean en vigor, ou a acreditación da situación violencia recolla que a dita situación tivo lugar nos 12 meses inmediatamente anteriores á data de presentación da solicitude do correspondente carné. Non será de aplicación esta exención para as situacións de violencia anteriores a este intervalo de tempo.

3. Estes prezos enténdense, se é o caso, co IVE incluído. A xestión destes prezos privados farase de acordo co disposto no artigo 52 da Lei 6/2003, do 9 de decembro.

Artigo 2. Condicións

1. Os prezos recollidos no anexo I desta orde serán expostos nos taboleiros de anuncios de cada centro.

2. Os grupos que usen unha instalación xuvenil terán preferencia para o uso de todas as súas dependencias. Non aboarán suplemento polo uso das pistas polideportivas descubertas, pero terán a obriga de aboar as tarifas establecidas no anexo I desta orde pola utilización dos polideportivos cubertos ou calquera material que alí figure.

3. Calquera material incluído nesta orde que sexa usado polos grupos devolverase no mesmo estado en que lles foi cedido e reporase ao mesmo lugar en que se atopaba. Así mesmo, serán responsables tanto das deterioracións que se causen no material coma da responsabilidade civil en que poidan incorrer por posibles danos a terceiros.

Para o emprego do material que, pola súa especificidade así o exixa, os grupos deberán contar con persoal especializado e coas titulacións necesarias para a súa utilización.

Os grupos deberán presentar, no momento en que vaian facer uso de material que pola súa especialidade así o requira, tanto o seguro que cubra a realización da actividade como a acreditación das titulacións referidas no parágrafo anterior.

Artigo 3. Desconto por familia numerosa

Os/as membros de familia que teñan o título de familia numerosa poderán ter un desconto de ata un 50 % sobre os prezos relativos ás actividades promovidas pola Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado no programa Campaña de verán.

Artigo 4. Desconto por Carné Xove

As persoas usuarias do Carné Xove poderán obter descontos de ata un 25 % nas actividades promovidas pola Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado. A porcentaxe de desconto aplicable en cada caso especificarase no folleto informativo de cada un dos programas e actividades que se leven a cabo.

Artigo 5. Desconto a asociacións xuvenís e a entidades prestadoras de servizos á mocidade

As asociacións xuvenís e as entidades prestadoras de servizos á mocidade domiciliadas na Comunidade Autónoma galega e inscritas no correspondente censo ou rexistro dependente da Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado poderán obter un desconto de ata un 50% sobre os prezos desta orde que sexan aplicables a grupos.

Disposición transitoria única. Réxime transitorio

Aos servizos, actividades ou entrega de bens a que se refire o artigo 1 que se reservasen con anterioridade á entrada en vigor desta orde seranlles de aplicación os prezos establecidos na Orde do 18 de decembro de 2014 pola que se fixan os prezos privados correspondentes á prestación de servizos nas instalacións xuvenís e á expedición de carnés dirixidos á mocidade, xestionados pola Dirección Xeral de Xuventude e Voluntariado, durante o ano 2015.

Disposición derrogatoria única. Derrogación normativa

Queda derrogada a Orde do 18 de decembro de 2014 pola que se fixan os prezos privados correspondentes á prestación de servizos nas instalacións xuvenís e á expedición de carnés dirixidos á mocidade, xestionados pola Dirección Xeral de Xuventude e Voluntariado, durante o ano 2015.

Disposición derradeira primeira. Habilitación competencial

Facúltase a persoa titular da Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado para ditar, no ámbito das súas competencias, as resolucións precisas para o desenvolvemento desta orde.

Disposición derradeira segunda. Entrada en vigor

Esta orde entrará en vigor o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 1 de abril de 2016

José Manuel Rey Varela
Conselleiro de Política Social

ANEXO I

Prezos relativos á utilización e aos servizos prestados nos campamentos, albergues e residencias xuvenís titularidade da Consellería de Política Social

A. Pola utilización dos campamentos e albergues xuvenís durante a Campaña de verán establécense os seguintes prezos por praza:

A.1. En réxime de oferta concertada (dirixida a grupos).

A.1.1. Campamentos:

Tarifa en euros

Por quenda de quince días

.....................................................................................140

Por quenda de doce días

......................................................................................113

Por día

.......................................................................................14

A.1.2. Albergues e residencias:

Por quincena

.....................................................................................189

Por día

.......................................................................................20

Estes prezos abranguen os seguintes servizos: o aloxamento, a alimentación en réxime de pensión completa, o uso das instalacións e material de conformidade co establecido no artigo 2.2 e 2.3, o consumo de auga, electricidade e combustible, agás o material de actividades que a entidade ou grupo vaia desenvolver na instalación.

Aqueles grupos que figuren inscritos no rexistro da Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Política Social como entidades prestadoras de servizos sociais poderán obter un desconto de ata un 50 % sobre os prezos deste punto.

A.2. En actividades promovidas pola Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado.

A.2.1. Campamentos:

Tarifa en euros

Actividades náuticas (por quenda de doce días)

...................................207

Actividades náuticas (por quenda de oito días)

...................................108

Actividades educativas, culturais, de voluntariado, ao aire libre, ambientais e lúdico-deportivas (por quenda de doce días)

...................................176

Actividades educativas, culturais, de voluntariado, ao aire libre, ambientais e lúdico-deportivas (por quenda de oito días)

...................................101

Actividades turístico-deportivas (por quenda de doce días)

...................................207

Actividades turístico-deportivas (por quenda de oito días)

...................................108

A.2.2. Albergues:

Tarifa en euros

Actividades náuticas (por quenda de doce días)

...................................232

Actividades náuticas (por quenda de oito días)

...................................118

Actividades educativas, culturais, de voluntariado, ao aire libre, ambientais e lúdico-deportivas (por quenda de doce días)

...................................222

Actividades educativas, culturais, de voluntariado, ao aire libre, ambientais e lúdico-deportivas (por quenda de oito días)

...................................113

Actividades turístico-deportivas (por quenda de doce días)

...................................222

Actividades turístico-deportivas (por quenda de oito días)

...................................113

A.2.3. Campos de traballo:

Tarifa en euros

Ámbito autonómico e nacional (por quenda)

...................................110

Ámbito internacional (por quenda)

...................................110

B. Polas actividades promovidas pola Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado, en calquera época do ano, dirixidas a mozos/as no eido da educación non formal e do ocio educativo alternativo.

Tarifa en euros

Por participante e día

.....................................25

C. Por servizos nos albergues e residencias integrados na Rede Española de Albergues Xuvenís (REAJ) establécense os seguintes prezos por persoa:

Servizos

Ata 30 anos

Maiores de 30 anos

Pensión completa

25

29

Aloxamento

9

13

Almorzo

3

3

Xantar ou cea

8

8

Para facer uso destes servizos deberase posuír o carné de alberguista en calquera das súas modalidades.

D. Servizo nas residencias xuvenís para estudantes (por praza e mes).

Residentes internos/as:

Tarifa en euros

D.1. Cuarto dobre

...................................324

D.2. Cuarto cuádruplo

...................................250

E. Pola utilización das instalacións recreativo-deportivas.

Tarifa en euros

E.1. Uso de pavillón polideportivo cuberto/hora

.....................................25

E.2. Uso de pistas polideportivas descubertas/hora

.....................................10

E.3. Uso de piscina non climatizada/hora

.......................................3

E.4. Uso de material náutico. A gasolina será por conta do/a solicitante:

Un barco de vela media xornada

.......................................7

Un barco de vela unha xornada

.....................................14

Unha embarcación pneumática de motor media xornada

.....................................14

Unha embarcación pneumática de motor unha xornada

.....................................26

Unha canoa media xornada

.......................................5

Unha canoa unha xornada

.......................................9

F. Polo uso de locais ou salas.

Sen equipamento:

Tarifa en euros

Media xornada

.....................................15

Unha xornada

.....................................25

Con equipamento electrónico:

Tarifa en euros

Media xornada

.....................................30

Unha xornada

.....................................50

Con equipamento informático:

Tarifa en euros

Media xornada

.....................................40

Unha xornada

.....................................70

Media xornada é unha mañá ou unha tarde, cun máximo de catro horas.

O réxime de pensión completa para grupos xa inclúe o uso das dependencias necesarias para o desenvolvemento do programa.

G. Pola utilización dos campamentos e albergues para actividades recreativas ao aire libre:

G.1. Acampadas: 4 euros/día e persoa.

G.2. Actividades recreativo-culturais en albergues (convivencia):

– 31 euros/día/grupo de ata 50 usuarios/as.

– 46 euros/día/grupo de 51 a 100 usuarios/as.

– 77 euros/día/grupo de 101 a 200 usuarios/as.

– 144 euros/día/grupo de 201 a 300 usuarios/as.

ANEXO II

Prezos pola expedición dos diferentes carnés dirixidos á mocidade

Tarifa en euros

Carné Xove

.....................................................................................6

Carné alberguista xove

.....................................................................................6

Carné alberguista adulto/a

...................................................................................13

Carné alberguista grupo

...................................................................................16

Carné alberguista familiar

...................................................................................21

Carné teacher (ITIC)

.....................................................................................9

Carné internacional xove (IYTC)

.....................................................................................9

Carné student (ISIC)

.....................................................................................9