Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 63 Luns, 4 de abril de 2016 Páx. 11949

V. Administración de xustiza

Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (Sala do Social)

EDICTO (2830/2015 MCR).

Tipo e número de recurso: RSU. Recurso de Suplicación 2830/2015 MCR

Xulgado de orixe/autos: procedemento ordinario 524/2014, Xulgado do Social número 4 de Vigo

Recorrente: Cristina Villanueva Cerdeira

Avogada: Ainoha Vega Sánchez

Recorridos: RJMS Four Real States, S.L., Cristina Devesa Meijide e Julio Vázquez Domínguez

Eu, Mª Socorro Bazarra Varela, letrada da Administración de xustiza da da Sala Segunda do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, fago saber que no procedemento de recurso de suplicación 2830/2015 desta sección, seguido por instancia de Cristina Villanueva Cerdeira, sobre reclamación de cantidade, se ditou a seguinte resolución:

«Que, desestimando o recurso de suplicación interposto pola representación letrada da parte demandante, Cristina Villanueva Cerdeira, contra a sentenza do 22 de abril de 2015 ditada polo Xulgado do Social número 4 de Vigo no proceso número 524/2014, sobre cantidades, seguido por instancia da demandante Cristina Villanueva contra os codemandados RJMS Four Real States, S.L., Julio Vázquez Domínguez e Cristina Devesa Meijide, debemos confirmar e confirmamos o pronunciamento de instancia.

Incorpórese o orixinal desta sentenza, pola súa orde, ao libro de sentenzas deste Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, Sala do Social.

Modo de impugnación. Faise saber ás partes que contra esta sentenza cabe interpoñer recurso de casación para unificación de doutrina que se debe preparar mediante escrito presentado ante esta sala dentro do improrrogable prazo de dez días hábiles inmediatos seguintes á data de notificación da sentenza. Se o recorrente non ten a condición de traballador ou beneficiario do réxime público de seguridade social deberá efectuar:

– O depósito de 600 euros na conta de dezaseis díxitos desta sala, aberta no Banco de Santander (Banesto) co número 1552 0000 37, seguida de catro díxitos correspondentes ao número do recurso e dous díxitos do ano deste.

– Así mesmo, se hai cantidade de condena deberá consignala na mesma conta, pero co código 80 en vez do 37 ou ben presentar aval bancario solidario en forma.

– Se o ingreso se fai mediante transferencia bancaria desde unha conta aberta en calquera entidade bancaria distinta, haberá que emitila á conta de vinte díxitos
0049 3569 92 0005001274 e facer constar no campo observacións ou concepto da transferencia os dezaseis díxitos que corresponden ao procedemento (1552 0000 80 ou
37 **** ++).

Así por esta nosa sentenza, pronunciámolo, mandamos e asinamos».

E para que sirva de notificación en legal forma a RJMS Four Real States, S.L., expido o presente edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírtese ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

A Coruña, 7 de marzo de 2016

A letrada de Administración de justicia