Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 63 Luns, 4 de abril de 2016 Páx. 11951

V. Administración de xustiza

Xulgado de Primeira Instancia número 13 da Coruña

EDICTO (93/2015).

Eu, Mónica Rubia López, letrada da Administración de xustiza do Xulgado de Primeira Instancia número 13 da Coruña, polo presente edicto anuncio que no procedemento xuízo verbal 93/2015 seguido por instancia de José María Arrojo Aldegunde, S.A. fronte a Yolanda Ares García, se ditou sentenza con data do 11 de xuño de 2015.

E encontrándose Yolanda Ares García, en paradoiro descoñecido, expídese o presente edicto co fin de que sirva de notificación en forma a esta, indicándose que a interesada se poderá dirixir a esta oficina do Xulgado de Primeira Instancia número 13 da Coruña, en que se tramita o procedemento, co fin de ter coñecemento íntegro do acto.

Así mesmo, faise constar que contra a dita resolución cabe interpoñer recurso de apelación no prazo de vinte días contados a partir do seguinte ao da súa notificación ante este mesmo xulgado.

A Coruña, 2 de marzo de 2016

A letrada da Administración de xustiza