Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 61 Xoves, 31 de marzo de 2016 Páx. 11636

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela

EDICTO (827/2015).

Eu, María Teresa Vázquez Abades, secretaria xudicial do Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela, fago saber que no procedemento de despedimento/cesamentos en xeral 827/2015 deste xulgado do social, seguido por instancia de Valber Luna Ferreira contra a empresa Optimal Servicios Integrales de Limpieza, S.L., sobre despedimento, se ditou a seguinte resolución:

«Decreto.

Secretaria xudicial: María Teresa Vázquez Abades.

Santiago de Compostela, 11 de xaneiro de 2016

Antecedentes de feito:

Primeiro. O 26 de outubro de 2015 tivo entrada neste órgano xudicial demanda presentada por Valber Luna Ferreira fronte a Optimal Servicios Integrales de Limpieza en materia de despedimento, e admitida a trámite convocáronse as partes para os actos de conciliación e xuízo.

Segundo. No día da data chegaron a un acordo en conciliación, cuxo contido consta na acta expedida para o efecto, que di literalmente:

“Que a empresa demandada recoñece a improcedencia do despedimento do demandante e ofrécelle a cantidade de 1.442,41 euros líquidos, dos cales 200 euros se corresponden a indemnización e o resto a salarios de agosto e setembro de 2015 e liquidación final. A dita cantidade, de ser aceptada polo traballador, aboarase mediante dous pagamentos. O primeiro deles, de 800 euros, aboarase antes do día 15 de xaneiro de 2016. E o segundo, de 642.41 euros, que se aboará antes do 10 de febreiro de 2016. Os ditos aboamentos faranse na conta bancaria que o traballador designe ante a demandada. O traballador acepta a oferta e forma de pagamento e ao cobrar a cantidade sinalada darase por saldado e liquidado, sen que teña nada máis que reclamar. Así mesmo, manifesta que o incumprimento de calquera dos dous prazos poderá determinar a execución polo total”.

Fundamentos de dereito:

Único. O artigo 84 da LPL establece que se as partes alcanzan unha avinza, sempre que non sexa constitutiva de lesión grave a terceiro, fraude de lei ou abuso de dereito, se ditará decreto que a aprobe e ademais acordarase o arquivamento das actuacións.

Vistos os preceptos legais citados e demais de xeral e pertinente aplicación,

Parte dispositiva:

Acordo aprobar a avinza alcanzada entre as partes no día da data e arquivar as actuacións.

Incorpórese o orixinal ao libro de decretos definitivos, e déixese certificación deste no procedemento da súa razón.

Modo de impugnación: poderá interporse recurso directo de revisión ante quen dita esta resolución mediante escrito que deberá expresar a infracción cometida a xuízo do recorrente, no prazo de tres días hábiles seguintes á súa notificación (artigo 188.2 da LXS). O recorrente que non teña a condición de traballador ou beneficiario do réxime público da Seguridade Social deberá facer un depósito para recorrer de 25 euros na conta
0049 3569 9200 0500 1274 do Banco Santander, S.A., e deberá indicar no campo concepto a indicación recurso seguida do código “31 Social-revisión”. Se o ingreso se fai mediante transferencia bancaria deberá incluír tras a conta referida, separados por un espazo coa indicación “recurso”, seguida do “código 31 Social-revisión”.

A secretaria xudicial».

E para que lle sirva de notificación en legal forma a Optimal Servicios Integrales de Limpieza, S.L., en ignorado paradoiro, expido o presente edicto para a súa inserción no taboleiro de anuncios deste xulgado e no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 8 de marzo de 2016

A secretaria xudicial