Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 61 Xoves, 31 de marzo de 2016 Páx. 11634

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 1 de Lugo

EDICTO (531/2014).

Eu, Rafael González Alió, secretario xudicial do Xulgado do Social número 1 de Lugo, fago saber que no procedemento 531/2014 deste xulgado do social, seguido a instancia de María Lucía Loyo Portero contra Mutua Fraternidad Muprespa, INSS, TXSS, Repuestos Bourio, S.L. e Globalmotera, S.L. sobre subsidio de incapacidade temporal, se ditou sentenza cuxa decisión é a seguinte:

«Estimo parcialmente a demanda presentada por María Lucía Loyo Portero, representada polo letrado Sr. Vázquez Díaz, contra o Instituto Nacional da Seguridade Social e a Tesouraría Xeral da Seguridade Social, ambos os dous representados polo letrado da Administración da Seguridade Social Sr. Villalobos Maldonado; Fraternidad-Muprespa, Mutua Colaboradora coa Seguridade Social nº 275, representada polo letrado Sr. Paniagua Álvarez; e Repuestos Bourio, S.L. e Globalmotera, S.L., ningunha das cales compareceu malia constar a súa citación en legal forma, e, en consecuencia:

– Condeno a Repuestos Bourio, S.L. e Globalmotera, S.L. a aboar solidariamente á demandante a cantidade de 154,44 euros, en concepto de subsidio de incapacidade temporal percibido entre o cuarto e o décimo quinto día da baixa iniciada o 10 de outubro de 2013.

– Condeno, como responsables directas, a Repuestos Bourio, S.L. e Globalmotera, S.L. a aboar solidariamente á demandante a cantidade de 824,42 euros, en concepto de subsidio de incapacidade temporal percibido desde o décimo sexto día da baixa iniciada o 10 de outubro de 2013 e ata o 11 de decembro de 2013.

– Condeno, como responsable subsidiaria e para o caso de insolvencia de Repuestos Bourio, S.L. e Globalmotera, S.L., a Fraternidad-Muprespa, Mutua Colaboradora coa Seguridade Social nº 275 a aboar á demandante a cantidade de 824,42 euros, en concepto de subsidio de incapacidade temporal percibido desde o décimo sexto día da baixa iniciada o 10 de outubro de 2013 e ata o 11 de decembro de 2013.

– Obrigo a Fraternidad-Muprespa, Mutua Colaboradora coa Seguridade Social nº 275 a anticipar o importe de 824,42 euros, sen prexuízo do seu dereito de repetición contra Repuestos Bourio, S.L. e Globalmotera, S.L.

– Condeno ao Instituto Nacional da Seguridade Social, como responsable subsidiaria e para o caso de insolvencia de Fraternidad-Muprespa, Mutua Colaboradora coa Seguridade Social nº 275, a aboar á demandante a cantidade de 824,42 euros, en concepto de subsidio de incapacidade temporal percibido desde o décimo sexto día da baixa iniciada o 10 de outubro de 2013 e ata o 11 de decembro de 2013.

Notifíquese esta resolución ás partes, facéndolles saber que esta non é firme e que contra ela cabe interpoñer, ante este xulgado, recurso de suplicación a resolver pola Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia».

E para que sirva de notificación en forma a Repuestos Bourio, S.L. e Globalmotera, S.L., en ignorado paradoiro, expido e asino o presente edicto.

Lugo, 9 de marzo de 2016

O letrado da Administración de xustiza