Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 61 Xoves, 31 de marzo de 2016 Páx. 11633

V. Administración de xustiza

Xulgado de Primeira Instancia número 7 de Vigo

EDICTO (706/2013).

Francisco Rascado González, secretario xudicial do Xulgado de Primeira Instancia número 7 de Vigo, fago saber que, en virtude do acordado nos autos de referencia e de conformidade co disposto nos artigos 156.4 e 164 da LAC, mediante este edicto notifícaselles a María Sabina Añel Vega e a Lino Alberto Estévez Alonso a sentenza cuxo encabezamento e decisión son os seguintes:

«Sentenza:

Xuíz que a dita: maxistrado Lomo del Olmo.

Lugar: Vigo.

Data: 17 de abril de 2015.

Demandante: C.P. Piñeiro-Rans 23.

Procuradora: Paula Lima Casas.

Demandados: María Sabina Añel Vega e Lino Alberto Estévez Alonso. En paradoiro ignorado.

Resolvo:

Que, estimando a demanda promovida pola procuradora Paula Lima Casas, en nome e representación da Comunidade de Propietarios Piñeiro-Rans 23, fronte a Lino Alberto Estévez Alonso e María Sabina Añel Vega, debo condenar e condeno estes a destinar o local sito na súa planta baixa a uso comercial, así como a repor os elementos comúns do inmoble alterados ao seu estado anterior, levando a cabo as obras que resulten necesarias e pechando os ocos abertos na fachada, todo iso con imposición das costas causadas.

Modo de impugnación: recurso de apelación, que se interporá ante o tribunal que ditase a resolución que se impugne dentro do prazo de vinte días contados desde o día seguinte ao da notificación daquela.

Vigo, 21 de abril de 2015

O secretario xudicial