Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 60 Mércores, 30 de marzo de 2016 Páx. 11462

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 4 da Coruña

EDICTO (599/2012).

Eu, Encarnación Mercedes Tubío Lariño, secretaria do Xulgado do Social número 4 da Coruña, dou fe e certifico que neste xulgado se seguen autos número 599/2012 por instancia de Verónica Muíño Germiñas, María Jesús Sanjurjo Ferreiro, Asunción Uzal López, Herminia Rey Recouso, María Jesús Iglesias Figueira, María Mar Suárez Suárez, Marta Figueira Gómez, Mitra Manteiga Rivas, Neves Pampín Martínez, Patricia Castro Juncal, Pilar Mosquera de la Iglesia, María del Carmen Barbeito Villasenín e Silvia Veiras Quindimil contra a empresa Textil Bastián, S.L., Textil Evil, S.L., Confecciones Liñaza, S.L., Tex Mari, S.L., Texqueirua, S.L., Makama Confecciones, S.L., María Jesús Calvo Fuentes e o Fondo de Garantía Salarial sobre reclamación de cantidade, nos cales se ditou sentenza con data do 25 de febreiro de 2016 que copiada nos particulares necesarios di así:

«Resolución:

Rexéitase a demanda interposta por Verónica Muíño Germiñas, María Jesús Sanjurjo Ferreiro, Asunción Uzal López, Herminia Rey Recouso, María Jesús Iglesias Figueira, María Mar Suárez Suárez, Marta Figueira Gómez, Mitra Manteiga Rivas, Neves Pampín Martínez, Patricia Castro Juncal, Pilar Mosquera de la Iglesia, María del Carmen Barbeito Villasenín e Silvia Veiras Quindimil fronte ás empresas Textil Bastián, S.L., Textil Evil, S.L., Confecciones Liñaza, S.L., Tex Mari, S.L., Texqueirua, S.L., Makama Confecciones, S.L. e María Jesús Calvo Fuentes, con intervención do Fondo de Garantía Salarial, e absólvense estas das pretensións de condena fronte a elas exercidas.

Notifíqueselles a resolución ás partes.

Contra esta resolución cabe recurso de suplicación ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, o cal deberá anunciarse neste xulgado no prazo dos cinco días seguintes ao da notificación desta resolución. Abonda a manifestación da parte ou do seu avogado graduado social colexiado ou representante dentro do prazo indicado.

Se o recorrente non goza do beneficio de xustiza gratuíta deberá, ao tempo de anunciar o recurso, ter consignado a cantidade obxecto de condena, así como o depósito de 300 euros na conta de depósitos e consignacións que ten aberta este xulgado, facendo constar no ingreso o número de procedemento.

Así o acorda, manda e asina, Nicolás E. Pita Lloveres, maxistrado xuíz do Xulgado do Social número 4 da Coruña.

E para que conste, para os efectos da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, co fin de que sirva de notificación en forma á empresa Confecciones Liñaza, S.L., á empresa Textil Bastián, S.L., á empresa Textil Evil, S.L., á empresa Tex Mari, S.L., á empresa Texqueirua, S.L. e á empresa Makama Confecciones, S.L., expido e asino este edicto.

A Coruña, 7 de marzo de 2016

A secretaria xudicial