Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 60 Mércores, 30 de marzo de 2016 Páx. 11460

V. Administración de xustiza

Xulgado de Primeira Instancia e Instrución número 1 de Betanzos

EDICTO (145/2015).

Nos autos de divorcio contencioso 145/2015, seguidos por instancia da procuradora Ana Sexto Quintás, en nome e representación de Dayan Faride Ossa Díaz, contra José Royner Córdoba Díaz, ditouse con data do 2 de marzo de 2016 sentenza que contén o encabezamento e a parte dispositiva que literalmente din:

«Divorcio contencioso 145/2015

Sentenza 33/2016

Betanzos, 2 de marzo de 2016

O día 1 de marzo deste ano celebrouse ante este xulgado o xuízo sobre divorcio contencioso número 145/2015. É parte demandante Dayan Faride Ossa Díaz, representada pola procuradora Ana Sexto Quintás e defendida pola letrada María Salomé Monteagudo. É parte demandada José Royner Córdoba Díaz. É igualmente parte o Ministerio Fiscal, representado por Luisa María Suárez Cabo.

Parte dispositiva:

Declaro disolto por divorcio o vínculo matrimonial existente ata entón entre Dayan Faride Ossa Díaz e José Royner Córdoba Díaz.

A garda e custodia sobre as fillas menores comúns, Carolay Mishell e Melany Dahian, atribúese a Dayan Faride Ossa Díaz.

Establécese a cargo de José Royner Córdoba Díaz unha pensión de alimentos a favor das súas dúas fillas por importe de 100 euros, de periodicidade mensual, pagadoira por meses anticipados, dentro dos 5 primeiros días de cada mes no número de conta que, para tal efecto, sinale a nai.

Declaro a disolución do réxime económico matrimonial.

Non se efectúa pronunciamento en materia de custas.

Así, por esta miña sentenza, contra a que cabe recurso de apelación, pronúncioo, mándoo e asínoo.

Roberto Porto García, xuíz titular do Xulgado de Primeira Instancia e Instrución número 1 de Betanzos.

Publicación. Lida e publicada foi a anterior sentenza polo xuíz que a subscribe, estando celebrando audiencia pública no día da súa fecha, ante min, a letrada da Administración de xustiza. Dou fe».

E, en cumprimento do acordado, para a súa publicación no Diario Oficial de Galicia, e para que sirva de notificación en forma ao demandado rebelde, José Royner Córdoba Díaz, expídese o presente edicto.

Betanzos, 3 de marzo de 2016

A letrada da Administración de xustiza