Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 60 Mércores, 30 de marzo de 2016 Páx. 11433

IV. Oposicións e concursos

Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria

ORDE do 16 de marzo de 2016 pola que se convoca concurso de méritos para a selección e o nomeamento da Dirección dos centros docentes públicos que imparten as ensinanzas reguladas na Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación.

A Lei orgánica 8/2013, do 9 de decembro, para a mellora da calidade educativa, modifica os artigos 133, 134 e 135 da Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación, relativos á selección da Dirección dos centros docentes públicos que imparten as ensinanzas reguladas nesta lei, aos requisitos para ser candidatos a director/a e ao procedemento de selección. No artigo 135.1 establécese que para a selección das direccións nos centros públicos, as administracións educativas convocarán concurso de méritos e establecerán os criterios obxectivos e o procedemento de selección, así como os criterios de valoración dos méritos do candidato e do proxecto presentado.

Procede convocar concurso de méritos para seleccionar as direccións dos centros que rematan o seu mandato no actual curso académico 2015/16 e non solicitaron a correspondente prórroga e aquelas direccións que rematan o seu mandato de carácter extraordinario ou accidental.

A convocatoria axústase ao previsto na Lei orgánica 8/2013, do 9 de decembro, para a mellora da calidade educativa, e aos preceptos que se manteñen vixentes do Decreto 29/2007, do 8 de marzo, polo que se regula a selección, nomeamento e cesamento dos directores e directoras dos centros docentes públicos que imparten as ensinanzas reguladas na Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación.

Na súa virtude, a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria

DISPÓN:

Primeiro. Convocatoria

Convócase concurso de méritos para seleccionar e nomear as direccións dos centros docentes públicos onde se imparten ensinanzas reguladas na Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación, que se relacionan no anexo I a esta orde.

A selección realizarase de conformidade cos principios de igualdade, publicidade, mérito e capacidade.

Segundo. Requisitos para ser candidata ou candidato á Dirección

1. Para participar neste concurso de méritos para ser nomeada directora ou director dun centro docente público dependente da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria deberán reunirse os seguintes requisitos:

a) Ser funcionaria ou funcionario de carreira dun corpo docente a que se refire a Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación.

b) Ter unha antigüidade de polo menos cinco anos como funcionaria ou funcionario na función pública docente.

c) Ter impartido docencia directa como funcionaria ou funcionario, durante un período de polo menos cinco anos, nalgunha das ensinanzas das que ofrece o centro a que se opta. Para estes efectos, enténdese que as funcionarias e funcionarios responsables da orientación educativa e profesional imparten docencia directa.

d) Estar prestando servizos nun centro educativo dependente da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria.

No suposto de estar nunha situación administrativa distinta da de activo, o último centro no cal se prestou servizos debe ser dependente da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria e deberá reunir os requisitos para reingresar con efectividade do 1 de xullo de 2016.

2. Para participar no concurso de méritos para ser nomeada directora ou director dun centro público específico de educación infantil, incompleto de educación primaria, nos de educación secundaria con menos de oito unidades, en que se imparten ensinanzas artísticas profesionais, deportivas, de idiomas ou nos centros específicos de adultos con menos de oito profesores, non se exixirán os requisitos establecidos nas letras b) e c) do punto 1 desta epígrafe.

Terceiro. Solicitudes e documentación

1. A solicitude de participación no concurso de méritos dirixirase á xefatura territorial da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria da provincia correspondente e poderase imprimir e descargar unha vez formalizados os datos de participación no concurso a través do enderezo web www.edu.xunta.es/cxt

Lémbrase que para acceder a este servizo web é preciso ter conta de correo electrónico no dominio edu.xunta.es polo que, quen non a teña, deberá solicitala a través da páxina web https://www.edu.xunta.es/contausuario

Xunto coa solicitude achegarase ademais:

a) Documentación acreditativa dos méritos académicos e profesionais alegados en relación co baremo que se publica como anexo II a esta orde, agás aqueles que xa consten na base de datos de persoal.

b) Proxecto de dirección que inclúa, polo menos, os obxectivos, as liñas de actuación e a súa avaliación. No proxecto de dirección deberá facerse referencia, entre os seus obxectivos xerais e as liñas prioritarias de actuación, ao previsto nos artigos 9 e 10 da Lei 7/2004, do 16 de xullo, galega para a igualdade de mulleres e homes.

O proxecto de dirección non excederá de 30 folios DIN A4, nun tipo de letra: Times New Roman, espazo entre liñas: 1,5 e tamaño de letra 12 puntos.

c) Calquera outra documentación que a candidata ou candidato considere idónea en interese da súa solicitude.

2. Efectuarase unha solicitude por cada centro que se demande ata un máximo de dúas.

3. Así mesmo, os participantes no concurso de méritos remitirán ao centro ou centros docentes que soliciten unha copia do seu proxecto de dirección. Este proxecto estará á disposición dos membros do Claustro de Profesores e do Consello Escolar na Secretaría do centro durante un período mínimo de 10 días lectivos, no horario que estableza a Dirección do centro.

No taboleiro de anuncios da sala de profesores exporase unha relación das candidaturas presentadas, así como o prazo e o horario en que poderán verse os proxectos de dirección na Secretaría.

4. A solicitude, xunto coa documentación a que se alude no punto anterior, poderase presentar en calquera das dependencias a que alude o artigo 38 da Lei de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

No caso de que se opte por presentar a súa solicitude ante unha oficina de Correos, farase en sobre aberto, para que a instancia sexa datada e selada polo funcionario de Correos antes de ser certificada.

Cuarto. Prazo de solicitude

O prazo de presentación de solicitudes e documentación será de vinte días naturais contados a partir do día seguinte ao da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia.

Quinto. Comisión de Selección

1. En cada centro educativo constituirase unha comisión de selección, nomeada polo xefe ou xefa territorial da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, que terá como sede a localidade e local que decida a súa presidencia e que terá a seguinte composición:

a) Unha inspectora ou inspector de Educación, designado polo xefe territorial da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, que exercerá como presidenta ou presidente.

b) Tres inspectores ou directores de centros educativos públicos, designados polo xefe ou xefa territorial da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria.

c) Dúas profesoras ou profesores do centro elixidos polo Claustro de Profesores, en reunión extraordinaria para estes efectos. No caso de producirse empate no número de votos, repetirase unha vez a votación, e de persistir o empate, dirimirase por sorteo.

d) Un membro do Consello Escolar, elixido por e entre os membros do Consello Escolar. No caso de producirse empate no número de votos, repetirase unha vez a votación, e de persistir o empate, dirimirase por sorteo.

2. Actuará como secretaria ou secretario da comisión o representante do Claustro de Profesores con menor antigüidade como funcionaria ou funcionario de carreira e, en caso de empate, o máis novo.

3. A representación do Consello Escolar do centro non poderá recaer no alumnado que estea matriculado nun curso inferior a terceiro de educación secundaria obrigatoria.

4. En ningún caso, as candidatas ou candidatos á Dirección poderán formar parte da Comisión de Selección.

5. Designaranse suplentes dos membros da Comisión de Selección en cada un dos ámbitos de representación que actuarán en substitución dos titulares cando exista causa xustificada que impida a actuación destes.

6. Aos membros da Comisión de Selección seranlles de aplicación as normas sobre abstención e recusación previstas nos artigos 28 e 29 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

7. A Dirección do centro efectuará a proposta de nomeamento dos representantes do Claustro e do Consello Escolar na Comisión de Selección á Xefatura Territorial da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, no prazo dos cinco días seguintes ao remate do prazo de solicitudes establecido na epígrafe cuarta desta orde, sen que se teñan en consideración posibles ampliacións deste.

8. A non elección dos representantes do Claustro de Profesores ou do Consello Escolar non impedirá a constitución e o normal funcionamento da Comisión de Selección.

9. A composición da Comisión de Selección publicarase no taboleiro de anuncios do centro.

Sexto. Composición da Comisión de Selección en determinados supostos

Cando o número de profesorado do centro sexa inferior a catro ou o número de candidaturas á Dirección non lle permita ao Claustro elixir dous membros de entre o profesorado, a composición da Comisión de Selección será a seguinte:

– Unha inspectora ou inspector de Educación, designado polo xefe ou xefa territorial da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, que exercerá como presidenta ou presidente.

– Dous inspectores ou directores de centros educativos públicos, designados polo/a xefe/a territorial da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria.

– Un profesor ou profesora do centro elixida polo Claustro de Profesorado.

– Un membro do Consello Escolar, elixido por e entre os seus compoñentes.

Sétimo. Funcións da Comisión de Selección e procedemento de funcionamento

1. Recibidas as solicitudes dirixidas á Xefatura Territorial, a Comisión de Selección comprobará que o persoal aspirante reúne os requisitos establecidos nesta orde e notificaralle a admisión ou o rexeitamento da súa petición.

2. Contra o rexeitamento da solicitude os aspirantes poderán presentar reclamación ante a propia comisión seleccionadora, no prazo de cinco días naturais contados desde o día seguinte ao da notificación do rexeitamento da solicitude.

3. A Comisión de Selección valorará os méritos académicos e profesionais de cada aspirante, de acordo co baremo que se publica como anexo II a esta orde.

4. A Comisión de Selección valorará, así mesmo, os proxectos de dirección, de acordo co establecido no baremo que se publica no anexo II desta orde, e poderá ter unha entrevista co profesorado que presentou candidatura se considera necesario clarificar algúns aspectos do proxecto de dirección. Cando a Comisión de Selección decida a realización desta entrevista, deberá efectuala a todos e cada un dos candidatos e candidatas.

5. A cualificación do proxecto de dirección será a media aritmética das cualificacións de todos os membros presentes da comisión. Cando entre as puntuacións outorgadas polos membros da comisión exista unha diferenza de tres ou máis enteiros, serán automaticamente excluídas as cualificacións máxima e mínima e calcularase a puntuación media entre as cualificacións restantes. No caso de empate entre cualificacións máximas ou mínimas, unicamente será excluída unha delas.

6. Contra as puntuacións outorgadas pola Comisión de Selección poderá presentarse reclamación ante a propia comisión no prazo de dez días hábiles computados a partir do día seguinte ao da súa publicación no taboleiro de anuncios do centro educativo.

Oitavo. Selección das candidaturas

1. Unha vez transcorrido o prazo de reclamacións e, se é o caso, resoltas estas, a Comisión de Selección establecerá a puntuación final obtida polos aspirantes e seleccionará a candidata ou candidato que proporá como directora ou director do centro, para o seu nomeamento por parte da Xefatura Territorial da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria.

2. Para poder ser seleccionado e ser nomeado para a Dirección é necesario obter polo menos seis puntos no proxecto de dirección.

3. No caso de se produciren empates na puntuación total dos aspirantes, estes dirimiranse atendendo sucesivamente aos seguintes criterios:

a) Maior puntuación no proxecto de dirección.

b) Maior puntuación na epígrafe 2 do baremo.

c) Maior puntuación na epígrafe 1 do baremo.

4. Se unha candidata ou candidato resultase seleccionado/a para dous centros, resultará nomeado/a no centro en que tivese destino definitivo. De non ter destino definitivo en ningún dos centros, será nomeado/a no centro polo que opte e procederase a seleccionar e nomear no centro non elixido outra ou outro aspirante que reúna os requisitos con maior puntuación.

Noveno. Recursos

Contra a decisión da Comisión de Selección, en que resolve definitivamente o concurso de méritos de selección e nomeamento da Dirección do centro, cabe recurso de alzada, no prazo dun mes, ante a Xefatura Territorial da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria.

Décimo. Nomeamento

1. A Xefatura Territorial da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria procederá a nomear directora a persoa proposta pola Comisión Avaliadora.

2. Os nomeamentos das direccións realizaranse con efectividade do 1 de xullo de 2016 e por unha duración de catro anos, prorrogables de acordo co previsto no artigo 136 da Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación, segundo a redacción dada pola Lei 8/2013, do 9 de decembro, para a mellora da calidade educativa.

3. Cando o nomeamento recaia nunha funcionaria ou funcionario que non teña destino definitivo no centro, a Dirección desempeñarase en réxime de comisión de servizos.

Décimo primeiro. Nomeamento con carácter extraordinario

Nos supostos de ausencia de candidatos, cando a comisión correspondente non seleccione ningún candidato ou nos centros de nova creación, a Dirección será nomeada pola Xefatura Territorial da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, oídos o Claustro de Profesores e o Consello Escolar, por un período de dous anos, entre o profesorado que reúna os requisitos establecidos na epígrafe segunda desta orde.

Santiago de Compostela, 16 de marzo de 2016

Román Rodríguez González
Conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria

ANEXO I
Centros con praza vacante de Dirección para o curso 2016/17

Código

Centro

Concello

Provincia

15026637

CEIP de Barouta

Ames

Coruña, A

15023314

IES de Sabón

Arteixo

Coruña, A

15023302

IES Manuel Murguía

Arteixo

Coruña, A

15032716

CEIP de Arteixo

Arteixo

Coruña, A

15020933

EEI de Barrionovo

Arteixo

Coruña, A

15000612

CEIP de Arzúa

Arzúa

Coruña, A

15001471

CEIP Praia Xardín

Boiro

Coruña, A

15032212

CRA Os Remuíños

Cabana de Bergantiños

Coruña, A

15027873

IES Afonso X O Sabio

Cambre

Coruña, A

15023065

CEIP Gonzalo Torrente Ballester

Cambre

Coruña, A

15020969

CEIP Mosteiro de Caaveiro

Capela, A

Coruña, A

15027307

IES Isidro Parga Pondal

Carballo

Coruña, A

15002591

IES Monte Neme

Carballo

Coruña, A

15027885

IES Lamas Castedo

Carnota

Coruña, A

15003789

CEIP Praia de Quenxe

Corcubión

Coruña, A

15005038

CEIP de Prácticas

Coruña, A

Coruña, A

15023363

CEIP Plurilingüe Manuel Murguía

Coruña, A

Coruña, A

15032303

CMUS Profesional da Coruña

Coruña, A

Coruña, A

15026492

CMUS Superior da Coruña

Coruña, A

Coruña, A

15005257

IES Ramón Menéndez Pidal

Coruña, A

Coruña, A

15004988

CEIP Eusebio da Guarda

Coruña, A

Coruña, A

15005269

IES Urbano Lugrís

Coruña, A

Coruña, A

15027770

IES A Sardiñeira

Coruña, A

Coruña, A

15005211

IES Salvador de Madariaga

Coruña, A

Coruña, A

15027903

IES Eduardo Blanco Amor

Culleredo

Coruña, A

15023399

CPI Plurilingüe Eusebio Lorenzo Baleirón

Dodro

Coruña, A

15006742

IES Concepción Arenal

Ferrol

Coruña, A

15025566

IES Ferrol Vello

Ferrol

Coruña, A

15025645

IES Ricardo Carballo Calero

Ferrol

Coruña, A

15006791

IES Saturnino Montojo

Ferrol

Coruña, A

15006730

IES Sofía Casanova

Ferrol

Coruña, A

15024938

CEIP de Esteiro

Ferrol

Coruña, A

15006845

CEIP Isaac Peral

Ferrol

Coruña, A

15027654

IES Agra de Leborís

Laracha, A

Coruña, A

15026765

CEIP Milladoiro

Malpica de Bergantiños

Coruña, A

15027940

IES As Insuas

Muros

Coruña, A

15026388

IES Plurilingüe Fontexería

Muros

Coruña, A

15009998

CEIP Ramón de Artaza y Malvárez

Muros

Coruña, A

15025268

IES As Telleiras

Narón

Coruña, A

15010058

CPI do Feal

Narón

Coruña, A

15023740

CEIP A Solaina

Narón

Coruña, A

15023508

CEIP Plurilingüe Virxe do Mar

Narón

Coruña, A

15026111

CRA de Narón

Narón

Coruña, A

15027216

IES Fernando Esquío

Neda

Coruña, A

15010307

CEIP San Isidro

Neda

Coruña, A

15010575

CEIP O Coto

Negreira

Coruña, A

15010812

IES Virxe do Mar

Noia

Coruña, A

15010681

CEIP Plurilingüe Alexandre Rodríguez Cadarso

Noia

Coruña, A

15023089

CEIP Luís Seoane

Oleiros

Coruña, A

15027939

IES Plurilingüe Maruxa Mallo

Ordes

Coruña, A

15027964

IES de Oroso

Oroso

Coruña, A

15032868

CEIP de Oroso

Oroso

Coruña, A

15011567

CEIP de Sigüeiro

Oroso

Coruña, A

15012225

CEIP Emilio Navasqüés

Outes

Coruña, A

15012420

CEIP de Oza dos Ríos

Oza-Cesuras

Coruña, A

15019347

CPI Camiño de Santiago

Pino, O

Coruña, A

15025530

IES da Pobra do Caramiñal

Pobra do Caramiñal, A

Coruña, A

15013230

CEIP As Forcadas

Ponteceso

Coruña, A

15024963

CEIP Plurilingüe de Andrade

Pontedeume

Coruña, A

15025694

IES Moncho Valcarce

Pontes de García Rodríguez, As

Coruña, A

15021767

IES Castro da Uz

Pontes de García Rodríguez, As

Coruña, A

15027691

IES de Porto do Son

Porto do Son

Coruña, A

15025062

CEIP de Portosín

Porto do Son

Coruña, A

15014180

CEIP Alfonso D. Rodríguez Castelao

Rianxo

Coruña, A

15027711

IES Leliadoura

Ribeira

Coruña, A

15014261

CEIP Heroínas de Sálvora

Ribeira

Coruña, A

15014271

CEIP Plurilingüe de Artes

Ribeira

Coruña, A

15014465

CEIP Plurilingüe de Palmeira

Ribeira

Coruña, A

15014738

CPI Plurilingüe dos Dices

Rois

Coruña, A

15026777

CEIP Plurilingüe Pepe de Xan Baña

Santa Comba

Coruña, A

15026157

CRA de Santa Comba

Santa Comba

Coruña, A

15025712

IES Antonio Fraguas Fraguas

Santiago de Compostela

Coruña, A

15025301

IES Arcebispo Xelmírez II

Santiago de Compostela

Coruña, A

15022590

CEIP de Roxos

Santiago de Compostela

Coruña, A

15015688

CEIP Raíña Fabiola

Santiago de Compostela

Coruña, A

15025074

CEIP da Igrexa

Somozas, As

Coruña, A

15026509

CRA de Valdoviño

Valdoviño

Coruña, A

15019086

CEIP Labarta Pose

Zas

Coruña, A

27000010

CEIP Aquilino Iglesia Alvariño

Abadín

Lugo

27015891

IES da Terra Chá. José Trapero Pardo

Castro de Rei

Lugo

27003175

IES Val do Asma

Chantada

Lugo

27006449

CEIP Rosalía de Castro

Lugo

Lugo

27006954

CEIP Álvaro Cunqueiro Mora

Mondoñedo

Lugo

27014860

CEIP A Gándara

Monforte de Lemos

Lugo

27016662

CEIP de Monforte de Lemos

Monforte de Lemos

Lugo

27008513

CEIP Laverde Ruíz

Outeiro de Rei

Lugo

27015967

CPI Uxío Novoneira

Pedrafita do Cebreiro

Lugo

27020690

EOI de Ribadeo

Ribadeo

Lugo

27011287

CEIP Plurilingüe de Riotorto

Riotorto

Lugo

27013314

IES Santiago Basanta Silva

Vilalba

Lugo

27013296

CEIP Manuel Mato Vizoso

Vilalba

Lugo

27013636

IES María Sarmiento

Viveiro

Lugo

27013387

CEIP Antonio Pedrosa Latas

Viveiro

Lugo

32001683

IES Martaguisela

Barco de Valdeorras, O

Ourense

32004398

CEIP Vicente Risco

Cualedro

Ourense

32005408

CEIP Virxe da Pena da Sela

Irixo, O

Ourense

32006929

CPI Terras de Maside

Maside

Ourense

32008793

CEIP Manuel Luis Acuña

Ourense

Ourense

32008811

CEIP Virxe de Covadonga

Ourense

Ourense

32009116

IES 12 de Outubro

Ourense

Ourense

32015207

IES O Couto

Ourense

Ourense

32008951

IES Ramón Otero Pedrayo

Ourense

Ourense

32016042

CEIP de Sandiás

Sandiás

Ourense

32014501

CEIP Rodolfo Núñez Rodríguez

Vilardevós

Ourense

32015141

CEIP San Martiño

Vilariño de Conso

Ourense

32014801

IES Cidade de Antioquía

Xinzo de Limia

Ourense

36000302

CEP de Sabarís

Baiona

Pontevedra

36018963

CEIP de Belesar

Baiona

Pontevedra

36000247

CPI de Cova Terreña

Baiona

Pontevedra

36000375

CEIP da Torre-Cela

Bueu

Pontevedra

36020246

IES Illa de Ons

Bueu

Pontevedra

36015861

CEIP San Clemente de Cesar

Caldas de Reis

Pontevedra

36019396

IES Francisco Asorey

Cambados

Pontevedra

36018501

IES Monte Carrasco

Cangas

Pontevedra

36015950

CEIP Plurilingüe da Espiñeira-Aldán

Cangas

Pontevedra

36014866

CEIP Manuel Villar Paramá

Estrada, A

Pontevedra

36020258

IES nº 1

Estrada, A

Pontevedra

36018987

CRA Antía Cal

Gondomar

Pontevedra

36017703

CEIP Souto-Donas

Gondomar

Pontevedra

36014878

CEIP de Conmeniño

Grove, O

Pontevedra

36019244

IES A Sangriña

Guarda, A

Pontevedra

36020283

IES da Illa de Arousa

Illa de Arousa, A

Pontevedra

36013011

CEIP da Torre-Illa

Illa de Arousa, A

Pontevedra

36004149

CEIP Xoaquín Loriga

Lalín

Pontevedra

36014982

EEI O Grupo

Marín

Pontevedra

36018446

CEIP da Armenteira

Meis

Pontevedra

36004733

CEIP de Reibón

Moaña

Pontevedra

36004927

CPI de Mondariz

Mondariz

Pontevedra

36017648

CEIP Mestre Valverde Mayo

Mos

Pontevedra

36019402

IES Pazo da Mercé

Neves, As

Pontevedra

36016620

CEIP da Cruz

Nigrán

Pontevedra

36020143

IES de Poio

Poio

Pontevedra

36007242

CEIP de Viñas

Poio

Pontevedra

36020313

IES de Ponte Caldelas

Ponte Caldelas

Pontevedra

36016942

CEIP de Santiago de Oliveira

Ponteareas

Pontevedra

36007621

CPI de Pontecesures

Pontecesures

Pontevedra

36006729

IES Valle-Inclán

Pontevedra

Pontevedra

36006109

CEIP de Parada-Campañó

Pontevedra

Pontevedra

36018379

IES A Xunqueira II

Pontevedra

Pontevedra

36006316

CEIP Príncipe Felipe

Pontevedra

Pontevedra

36019529

IES Ribeira do Louro

Porriño, O

Pontevedra

36014881

CEIP Plurilingüe Alexandre Bóveda

Redondela

Pontevedra

36007631

CEIP de Porto Cabeiro

Redondela

Pontevedra

36007813

CPI Julia Becerra Malvar

Ribadumia

Pontevedra

36024173

CRA María Zambrano

Rosal, O

Pontevedra

36024628

IES Pedras Rubias

Salceda de Caselas

Pontevedra

36020337

IES de Salvaterra de Miño

Salvaterra de Miño

Pontevedra

36016966

CEP Carlos Casares

Salvaterra de Miño

Pontevedra

36008866

CEIP Plurilingüe A Florida

Sanxenxo

Pontevedra

36019256

IES de Vilalonga

Sanxenxo

Pontevedra

36015238

CEIP de Sobrada

Tomiño

Pontevedra

36016668

CEP de Caldelas

Tui

Pontevedra

36014775

CEIP Plurilingüe de Guillarei

Tui

Pontevedra

36014544

IES Indalecio Pérez Tizón

Tui

Pontevedra

36009846

CEIP Plurilingüe nº 1

Tui

Pontevedra

36009901

IES San Paio

Tui

Pontevedra

36020362

IES de Valga

Valga

Pontevedra

36011579

IES A Guía

Vigo

Pontevedra

36024461

IES Audiovisual de Vigo

Vigo

Pontevedra

36010459

CEIP Josefa Alonso de Alonso

Vigo

Pontevedra

36010678

CEIP Paraixal

Vigo

Pontevedra

36016061

CEIP A Doblada

Vigo

Pontevedra

36018185

CEIP Pluriligüe Pintor Laxeiro

Vigo

Pontevedra

36017430

IES Ricardo Mella

Vigo

Pontevedra

36018941

EOI de Vigo

Vigo

Pontevedra

36019670

IES do Castro

Vigo

Pontevedra

36010071

CEIP Santa Mariña

Vigo

Pontevedra

36010472

CEIP Plurilingüe Ría de Vigo

Vigo

Pontevedra

36024471

CMUS Profesional de Vigo

Vigo

Pontevedra

36011580

IES San Tomé de Freixeiro

Vigo

Pontevedra

36010423

CEIP Valle-Inclán

Vigo

Pontevedra

36011634

IES Politécnico de Vigo

Vigo

Pontevedra

36010265

EEI Cristo da Victoria

Vigo

Pontevedra

36015627

CEIP García Barbón

Vigo

Pontevedra

36012377

CEIP de Cerdeiriñas

Vila de Cruces

Pontevedra

36019451

CEIP A Escardia

Vilagarcía de Arousa

Pontevedra

36012407

CEIP A Lomba

Vilagarcía de Arousa

Pontevedra

36018380

IES Miguel Ángel González Estévez

Vilagarcía de Arousa

Pontevedra

36019414

IES A Basella

Vilanova de Arousa

Pontevedra

36013059

CEIP de Viñagrande-Deiro

Vilanova de Arousa

Pontevedra

36013023

CEIP de San Roque

Vilanova de Arousa

Pontevedra

ANEXO II

Méritos

Puntos

Documentación xustificativa

1. Antigüidade (máximo 4 puntos).

1.1. Por cada ano de servizos como funcionaria ou funcionario que superen os cinco exixidos como requisitos:

0,50

Fotocopia cotexada do título administrativo coas dilixencias das distintas posesións e cesamentos que tivese desde o seu nomeamento como funcionaria ou funcionario ou, se é o caso, dos correspondentes documentos de inscrición nos rexistros de persoal.

1.2. Por cada ano de servizos como funcionaria ou funcionario noutros corpos ou escalas docentes que impartan algunha das ensinanzas reguladas na Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación:

0,25

Fotocopia cotexada do título administrativo coas dilixencias das distintas posesións e cesamentos que tivese desde o seu nomeamento como funcionaria ou funcionario ou, se é o caso, dos correspondentes documentos de inscrición nos rexistros de persoal.

2. Desempeño da Dirección de centros públicos e outros cargos directivos e de postos na Administración educativa (máximo seis puntos).

2.1. Por cada ano como directora ou director nun centro que impartise algunha das ensinanzas do centro a que se opta:

a) No centro a que se opta

b) Noutros centros

1

0,60

Fotocopia cotexada do nomeamento, coas dilixencias da toma de posesión e cesamento.

2.2. Por cada ano como directora ou director nun centro que non impartise algunha das ensinanzas do centro a que se opta:

0,50

Fotocopia cotexada do nomeamento, coas dilixencias da toma de posesión e cesamento.

2.3. Por cada ano como subdirector ou xefe de servizo en postos da Administración educativa:

0,50

Fotocopia cotexada do nomeamento, coas dilixencias da toma de posesión e cesamento.

2.4. Por cada ano como vicedirector, subdirector, secretario ou xefe de estudos dun centro que impartise algunha das ensinanzas do centro a que se opta:

a) No centro a que se opta

b) Noutros centros

0,50

0,30

Fotocopia cotexada do nomeamento, coas dilixencias da toma de posesión e cesamento.

2.5. Por cada ano como vicedirector, subdirector, secretario ou xefe de estudos dun centro que non impartise algunha das ensinanzas do centro a que se opta:

0,25

Fotocopia cotexada do nomeamento, coas dilixencias da toma de posesión e cesamento.

2.6. Por cada ano como xefe de departamento, coordinador dos equipos de normalización lingüística, coordinador de ciclo e análogos dun centro que impartise algunha das ensinanzas do centro a que se opta:

0,15

Fotocopia cotexada do nomeamento, coas dilixencias da toma de posesión e de posesión e cesamento.

3. Méritos académicos: máximo 1 punto.

3.1. Por cada título de doutor:

0,50

Fotocopia cotexada do título ou certificación do aboamento dos dereitos de expedición, de acordo co previsto na Orde ministerial do 8 de xullo de 1988 (BOE do 13 de xullo).

3.2. Por cada título de licenciado, enxeñeiro ou arquitecto distinto do alegado para ingreso no corpo, ou polo certificado-diploma de estudos avanzados:

0,25

Fotocopia cotexada do título ou certificación do aboamento dos dereitos de expedición, de acordo co previsto na Orde ministerial do 8 de xullo de 1988 (BOE do 13 de xullo).

3.3. Por cada título de diplomado universitario ou equivalente distinto do alegado para ingreso no corpo:

0,15

Fotocopia cotexada do título ou certificación do aboamento dos dereitos de expedición, de acordo co previsto na Orde ministerial do 8 de xullo de 1988 (BOE do 13 de xullo).

4. Cursos de formación: máximo 3 puntos.

Por cursos de formación relacionados coa función directiva organizados polas administracións educativas que se atopen en pleno exercicio das súas competencias en materia educativa, por institucións sen ánimo de lucro que fosen homologados ou recoñecidos polas administracións citadas con anterioridade, así como os organizados polas universidades: 0,05 puntos por cada 10 horas.

4.1. Por actividades e cursos recibidos:

Ata 2

Certificado deles en que conste de modo expreso o número de horas de duración do curso. No caso dos organizados polas institucións sen ánimo de lucro, deberá acreditarse de forma que faga fe o recoñecemento ou homologación.

4.2. Por cursos impartidos:

Ata 1

Certificado deles en que conste de modo expreso o número de horas de impartición no curso. No caso dos organizados polas institucións sen ánimo de lucro, deberá acreditarse de forma que faga fe o recoñecemento ou homologación.

5. Corpo de catedráticos.

Por pertencer a un dos corpos de catedráticos regulados na Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación:

0,50

Fotocopia cotexada do título administrativo ou credencial ou, se é o caso, o boletín en que apareza o seu nomeamento.

6. Servizo activo.

Por estar en situación de servizo activo:

2,00

7. Destino.

Por ter destino definitivo no centro a que se concursa:

2,00

6. Proxecto de dirección.

Polo proxecto de dirección:

Ata 12

Orixinal deste.

ANEXO III
Solicitude de participación no concurso de méritos para a selección dos directores e directoras dos centros docentes públicos que imparten as ensinanzas reguladas na Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación, na Comunidade Autónoma de Galicia

1. Datos persoais.

Primeiro apelido

Segundo apelido

Nome

DNI

Enderezo (rúa, praza..., número, piso)

Localidade (con indicativo postal)

Provincia

Telf. fixo

Telf. móbil

2. Datos do destino.

Destino definitivo

Corpo/especialidade

Destino provisional

Corpo/especialidade

3. Centro docente que solicita.

Orde

Código

Centro

Concello

1

2

…………………………………....., ... de………………... de 20...

Sinatura

Xefatura Territorial de ………………….