Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 59 Martes, 29 de marzo de 2016 Páx. 11232

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 4 de Reforzo da Coruña

EDICTO (549/2013).

Eu, Marta Yanguas del Valle, secretaria xudicial do Xulgado do Social número 4 de reforzo da Coruña, fago saber que no procedemento de seguridade social 549/2013 deste xulgado do social, seguido por instancia de Mutua Gallega de Accidentes de Trabajo contra a empresa P.P. Merino, S.L., Instituto Nacional da Seguridade Social, sobre seguridade social, se ditou a resolución cuxo encabezamento e parte dispositiva son do teor literal seguinte:

«Sentenza 65/2016.

Xuíz: Javier López Cotelo

Procedemento: seguridade social 549/2013

Demandante: Mutua Gallega de Accidentes de Trabajo

Letrado: Sr. Estébanez Juega

Demandados:

– INSS. Letrado: Sra. García Sánchez

– P.P. Merino, S.L.

A Coruña, 23 de febreiro de 2016

Resolución:

Estimo parcialmente a demanda formulada pola Mutua Gallega de Accidentes de Trabajo e:

1. Condeno a empresa P.P. Merino, S.L., como responsable directa, ao aboamento dos gastos de asistencia sanitaria e prestacións económicas de IT prestada ao traballador Francisco Javier Vilaboa Bruzos, derivados da súa enfermidade común, que propiciou a súa baixa médica o dia 15 de setembro de 2009, á mutua demandante, da suma total de 2.489,84 euros por tales conceptos.

2. Absolvo o INSS de toda pretensión dirixida contra el.

Inscríbase esta resolución no libro de sentenzas e déixese testemuño dela neste procedemento.

Notifíquese esta sentenza ás partes e advírtase de que contra ela se poderá interpor recurso de suplicación ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, que se deberá anunciar neste xulgado no prazo dos cinco días seguintes ao da notificación desta resolución, por comparecencia ou mediante escrito, pasados os cales se declarará firme e se arquivará.

Así o pronuncio, mando e asino.

Publicación. A anterior sentenza leuna e publicouna o maxistrado xuíz que a subscribe no día da súa data, do que eu, a secretaria xudicial, dou fe».

E para que conste e sirva de notificación a P.P. Merino, S.L., en ignorado paradoiro, expídese este edicto para a súa publicación no Diario Oficial de Galicia e colocación no taboleiro de anuncios.

A Coruña, 29 de febreiro de 2016

A secretaria xudicial