Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 59 Martes, 29 de marzo de 2016 Páx. 11230

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 3 de Reforzo da Coruña

EDICTO de notificación de sentenza (539/2015).

Eu, Marta Yanguas del Valle, secretaria xudicial do Xulgado do Social número 3 de Reforzo da Coruña, fago saber que no procedemento de despedimento/cesamentos en xeral 539/2015 deste xulgado do social, seguido por instancia de Daniel Jaime Rodríguez Mota contra Andén de Riazor, S.L., sobre despedimento, se ditou a resolución cuxo encabezamento e parte dispositiva son do teor literal seguinte:

«Sentenza: 69/2016.

Xuíz: Javier López Cotelo.

Procedemento: despedimento 539/2015.

Demandante: Daniel Jaime Rodríguez Mota.

Letrada: Sra. Cortés Souto.

Demandada: Andén de Riazor, S.L.

Fogasa.

Sentenza: 69/2016.

A Coruña, 2 de marzo de 2016.

Resolución:

Primeiro. Acepto a demanda sobre despedimento formulada por Daniel Jaime Rodríguez Mota fronte a Andén de Riazor, S.L. e, en consecuencia, declaro a improcedencia do despedimento e condeno a demandada a que readmita inmediatamente o traballador nas mesmas condicións que rexían antes de producirse o despedimento, ou ben, á elección da empresa, á extinción da relación laboral con aboamento da indemnización detallada no número segundo desta resolución. Todo iso con aboamento, no caso de opción pola readmisión, dos salarios de tramitación que non percibise ata a notificación da presente sentenza.

A dita opción deberase exercer en 5 días a partir da notificación desta sentenza, mediante escrito ou comparecencia ante este xulgado. Unha vez transcorrido o dito termo, sen que se optase, entenderase que procede a readmisión.

Segundo. A indemnización e os salarios de tramitación que debe aboar a empresa demandada, segundo o disposto no número anterior, son os seguintes:

– En concepto de indemnización, e de optar a empresa por ela, a cantidade de 1.032,35 euros.

– En concepto de salarios de trámite, para o caso de opción pola readmisión, os deixados de percibir desde a data do despedimento e ata a notificación da presente sentenza, calculados a razón de 37,54 euros/día.

Inscríbase a presente resolución no libro de sentenzas e déixese testemuño dela no presente procedemento.

Notifíqueselles esta sentenza ás partes advertíndolles que contra ela se poderá interpor recurso de suplicación ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, o cal deberá anunciarse neste xulgado no prazo dos cinco días seguintes ao da notificación desta resolución por comparecencia ou mediante escrito, pasados os cales se declarará firme e se procederá ao seu arquivamento.

Así o pronuncio, mando e asino. Javier López Cotelo, xuíz do Social de Reforzo da Coruña».

Publicación. A anterior sentenza foi lida e publicada polo xuíz que a subscribe no día da súa data, do que eu, a secretaria xudicial, dou fe.

E para que conste e sirva de notificación a Andén de Riazor, S.L., en paradoiro ignorado, expídese a presente cédula para a súa publicación no Diario Oficial de Galicia e colocación no taboleiro de anuncios.

A Coruña, 2 de marzo de 2016

A secretaria xudicial