Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 59 Martes, 29 de marzo de 2016 Páx. 11234

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 4 de Reforzo da Coruña

EDICTO (542/2013).

Eu, Marta Yanguas del Valle, secretaria xudicial do Xulgado do Social número 4 de reforzo da Coruña, fago saber que no procedemento sobre seguridade social 542/2013 deste xulgado do social, seguido por instancia de Mutua Gallega de Accidentes de Trabajo contra Piedras Ornamentales del Cantábrico, S.L.U. e o Instituto Nacional da Seguridade Social, sobre seguridade social, ditouse a resolución cuxo encabezamento e parte dispositiva son do teor literal seguinte:

«Xulgado do Social número 4 de reforzo da Coruña

Xuíz: Javier López Cotelo

Procedemento: seguridade social 542/2013.

Demandante: Mutua Gallega de Accidentes de Trabajo

Letrado: Sr. Estebánez Juega

Demandados:

Instituto Nacional da Seguridade Social

Letrada: Sra. García Sánchez

Piedras Ornamentales del Cantábrico, S.L.U.

Sentenza nº 66/2016

A Coruña, 23 de febreiro de 2016.

Resolución.

Estimo parcialmente a demanda formulada pola Mutua Gallega de Accidentes de Trabajo, e,

1. Condeno a empresa Piedras Ornamentales del Cantábrico, S.L.U., como responsable directa, ao aboamento dos gastos da asistencia sanitaria e prestacións económicas de IT prestadas aos traballadores indicados na declaración de feitos probados derivados das súas enfermidades comúns e que propiciaron as súas baixas médicas á Mutua demandante da suma total de 3.263,07 euros por tales conceptos.

2. Absolvo o INSS de toda pretensión dirixida fronte a el.

Inscríbase a presente resolución no libro de sentenzas e déixese testemuño desta no presente procedemento.

Notifíquese esta sentenza ás partes e advírtaselles que contra ela se poderá interpoñer recurso de suplicación ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, o cal deberá anunciarse neste xulgado no prazo dos cinco días seguintes á notificación desta resolución por comparecencia ou mediante escrito, pasados os cales se declarará firme e se procederá ao seu arquivamento.

Así o pronuncio, mando e asino».

Publicación. A anterior sentenza foi lida e publicada polo maxistrado xuíz que a subscribe no día da súa data, do que eu, a secretaria xudicial, dou fe.

E para que conste e sirva de notificación a Piedras Ornamentales del Cantábrico, S.L.U. en ignorado paradoiro, expídese este edicto para a súa publicación no Diario Oficial de Galicia e colocación no taboleiro de anuncios.

A Coruña, 29 de febreiro de 2016

A secretaria xudicial