Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 58 Luns, 28 de marzo de 2016 Páx. 11020

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela

EDICTO de notificación de decreto (264/2015).

ETX execución de títulos xudiciais 264/2015

Procedemento de orixe: procedemento ordinario 647/2011

Sobre ordinario

Demandante: María Ángeles Silva Vázquez

Demandados: Andaina Servicios Sociais, S.L., Fogasa (Fondo de Garantía Salarial)

Eu, María Teresa Vázquez Abades, secretaria xudicial do Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela, fago saber que no procedemento de execución de títulos xudiciais 264/2015 deste xulgado do social, seguido por instancia de María Ángeles Silva Vázquez contra Andaina Servicios Sociais, S.L., Fogasa (Fondo de Garantía Salarial) sobre ordinario, foi ditada a seguinte resolución:

«Decreto:

Secretaria xudicial: María Teresa Vázquez Abades.

Santiago de Compostela, tres de marzo de dous mil dezaseis.

Antecedentes de feito:

Primeiro. Neste procedemento foi ditado decreto con data do 15.2.2016 que foi notificado ás partes.

Segundo. Na devandita resolución figura o seguinte parágrafo:

“Parte dispositiva:

Acordo:

a) Declarar o executado Andaina Servicios Sociais, S.L., Fogasa (Fondo de Garantía Salarial) en situación de insolvencia total polo importe de euros, insolvencia que se entenderá para todos os efectos como provisoria”.

Terceiro. Despois de asinado o devandito decreto advertiuse que por erro mecanográfico se omitiu a cantidade pola que se declara a insolvencia do executado, aínda que si que figura no antecedente de feito segundo.

Fundamentos de dereito:

Primeiro. O artigo 214.1 da LAC establece que os tribunais non poderán variar as resolucións que diten despois de asinadas pero que si aclararán algún concepto escuro ou rectificarán calquera erro material que padezan.

Segundo. O artigo 215.4 do mesmo texto legal dispón que, se a secretaria xudicial que ditou o decreto apreciar os defectos ou omisións a que se refire o punto segundo do dito artigo, poderá, no prazo de cinco días desde a data en que se ditou a resolución, ditar decreto para emendar os defectos ou completar a resolución, pero sen modificar nin rectificar o que tiver acordado.

Vistos os preceptos legais citados e demais de xeral e pertinente aplicación,

Parte dispositiva:

Acordo:

1. Completar o decreto do 15.2.2016 nos seguintes termos, tal e como consta no antecedente de feito segundo:

“Parte dispositiva:

Acordo:

a) Declarar a executada Andaina Servicios Sociais, S.L., Fogasa (Fondo de Garantía Salarial) en situación de insolvencia total polo importe de 2.613,78 euros en concepto de principal, máis outros 261,37 euros, insolvencia que se entenderá, para todos os efectos, como provisoria”.

2. Incorporar esta resolución ao libro que corresponda e levar testemuño desta aos autos.

Notifíquese ás partes e fágaselles saber que en aplicación do mandado contido no artigo 53.2 da LXS, no primeiro escrito ou comparecencia ante o órgano xudicial, as partes ou interesados e, se for o caso, os profesionais designados, sinalarán un domicilio e datos completos para a práctica de actos de comunicación. O domicilio e os datos de localización facilitados con tal fin producirán plenos efectos e as notificacións neles intentadas sen efecto serán válidas en canto non sexan facilitados outros datos alternativos, sendo carga procesual das partes e dos seus representantes mantelos actualizados. Así mesmo, deberán comunicar os cambios relativos ao seu número de teléfono, fax, enderezo electrónico ou semellantes, sempre que estes últimos estean a ser utilizados como instrumentos de comunicación co tribunal.

Contra este decreto non cabe interpor recurso ningún distinto ao que no seu caso puider interporse contra a resolución modificada».

E para que sirva de notificación en legal forma a Andaina Servicios Sociais, S.L., en ignorado paradoiro, expido este edicto para a súa inserción no DOG.

Advírtese ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo no suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

Santiago de Compostela, 4 de marzo de 2016

A secretaria xudicial