A dirección da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística, o día 19 de febreiro de 2016, acordou dar traslado a Pedro Macía Rivas da copia da Resolución do 2 de marzo de 2010 que acordou a demolición do apartamento núm. de orde da división horizontal 52, executado no predio rexistral 14834, no lugar de Balea, San Vicente do Grove, no termo municipal do Grove, provincia de Pontevedra.
Ao non se pode realizar a notificación persoal daquel Acordo do 19 de febreiro de 2016 a Pedro Macía Rivas, mediante esta cédula e ao abeiro do disposto no artigo 59.5 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (LRXPAC), notifícaselle ao interesado este acordo por medio dun anuncio no Boletín Oficial del Estado.
Tendo en conta que en atención ao previsto no artigo 61 da LRXPAC, o acto non se publica na súa integridade, fáiselle saber ao interesado que o texto íntegro que se notifica se encontra ao seu dispor nas dependencias da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística, sitas no Edificio Witland, Salgueiriños, en Santiago de Compostela, para a súa consulta no prazo de dez (10) días hábiles, que se contarán desde o día seguinte ao da publicación desta cédula no Boletín Oficial del Estado. Transcorrido o devandito prazo, a notificación entenderase producida.
Para que conste e lle sirva de notificación ao citado interesado, en cumprimento do disposto no artigo 59.5 da citada Lei 30/1992, do 26 de novembro, expido e asino esta cédula.
Santiago de Compostela, 14 de marzo de 2016
José Antonio Cerdeira Pérez
Director da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística