Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 58 Luns, 28 de marzo de 2016 Páx. 11059

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Axencia de Protección da Legalidade Urbanística

CÉDULA do 14 de marzo de 2016 pola que se notifica o acordo do traslado da resolución do expediente de reposición da legalidade urbanística 107 B 2006/35-0, devolta polo servizo de Correos por resultar o seu interesado ausente na repartición.

A Dirección da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística, o día 19 de febreiro de 2016, acordou dar traslado a Juan Carlos Castro Oliveira da copia da Resolución do 2 de marzo de 2010 que acordou a demolición do apartamento número de orde da división horizontal 28, executado no predio rexistral 14810, no lugar de Balea, San Vicente do Grove, no termo municipal do Grove, provincia de Pontevedra.

Ao non se poder realizar a notificación persoal daquel Acordo do 19 de febreiro de 2016 a Juan Carlos Castro Oliveira, mediante esta cédula e ao abeiro do disposto no artigo 59.5 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (LRXPAC), notifícaselle ao interesado este acordo por medio dun anuncio no Boletín Oficial del Estado.

Tendo en conta que, en atención ao previsto no artigo 61 da LRXPAC, o acto non se publica na súa integridade, fáiselle saber ao interesado que o texto íntegro que se notifica se encontra ao seu dispor nas dependencias da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística, sitas no Edificio Witland, Salgueiriños, en Santiago de Compostela, para a súa consulta no prazo de 10 días hábiles, que se contarán desde o día seguinte ao da publicación desta cédula no Boletín Oficial del Estado. Transcorrido o dito prazo, a notificación entenderase producida.

Para que conste e lle sirva de notificación ao citado interesado, en cumprimento do disposto no artigo 59.5 da citada Lei 30/1992, do 26 de novembro, expido e asino esta cédula.

Santiago de Compostela, 14 de marzo de 2016

José Antonio Cerdeira Pérez
Director da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística