Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 58 Luns, 28 de marzo de 2016 Páx. 11036

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Infraestruturas e Vivenda

CÉDULA do 14 de marzo de 2016, da Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Infraestruturas e Vivenda, pola que se notifican as resolucións ditadas nos recursos interpostos contra resolucións de expedientes sancionadores en materia de transportes terrestres devoltas polo servizo de Correos (expediente RA/M/2015/00258 e cinco máis).

De conformidade co disposto no artigo 59.5 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, notifícanse ás persoas que a seguir se relacionan as resolucións dos recursos interpostos contra as resolucións dos expedientes sancionadores instruídos por infraccións da normativa reguladora dos transportes terrestres, por resultaren descoñecidos os seus destinatarios ou ben porque, intentada a notificación, non se puido efectuar.

Segundo establece o artigo 61 da citada lei, os interesados dispoñen dun prazo de dez días, contados desde o día seguinte ao da publicación desta cédula no Boletín Oficial del Estado, para examinaren a resolución na Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Infraestruturas e Vivenda, situada nos edificios administrativos de San Caetano en Santiago de Compostela.

Fáiselles saber que contra as ditas resolucións, definitivas na vía administrativa, cabe recurso contencioso-administrativo ante o xulgado do contencioso-administrativo da circunscrición en que o demandante teña o seu domicilio, ou no de Santiago de Compostela, no prazo de dous meses contados desde o día seguinte ao remate do prazo de dez días antes sinalado ou ao da comparecencia do interesado, se é o caso.

As multas deberanse facer efectivas, coa clave 390001, por calquera dos seguintes medios:

– Abanca.

– BBVA, transacción 1316, NIF S1511001H.

– Santander.

– http://www.cixtec.es/conselleria

e, de non facelo así, procederase ao seu cobramento pola vía de constrinximento, segundo o disposto no artigo 97 da vixente Lei 30/1992, do 26 de novembro.

E para que conste e sirva de notificación aos interesados, asino e selo esta cédula.

Santiago de Compostela, 14 de marzo de 2016

Joaquín Macho Canales
Secretario xeral técnico da Consellería de Infraestruturas e Vivenda

ANEXO

Expediente

Número recurso

Matrícula

Denunciante

Recorrente

Infracción cometida

Datos da denuncia: data; hora; estrada; p.q.

Precepto infrinxido

Sanción imposta

Resolución do recurso

LU-01255-O-2013

RA/M/2015/00258

0610-DKR

Garda Civil 2701 V08644T

Marcos Casal Vega

A utilización do tacógrafo sen realizar a súa calibraxe ou revisión periódica nos prazos e forma establecidos.

4.5.2013; 00.38; A-6; 493,00

Art. 140.34 LOTT

1.001 €

Desestimatoria, confirmando a sanción imposta

PO-00423-O-2011

RA/M/2015/00272

0997-BLC

Garda Civil 3601 B29653D

Viguesa de Servicios y Contratas, S.L.

Exceso de peso superior ao 25 % en vehículos de ata 10 tn.

7.4.2011; 8.38; AP-9; 137,5

Art. 140.19 LOTT

4.000 €

Estimatoria parcial, revogando parcialmente a sanción imposta

XC-01488-O-2013

RA/M/2015/00278

8756-BWL

Garda Civil 1500 R76589W

Diego López Piña

A realización de transporte de viaxeiros, sen título habilitante.

6.2.2013; 9.00; AC-552; 9,500

Art. 140.1 LOTT

4.001 €

Inadmisión, confirmando a sanción imposta

OU-00066-O-2009

RA/M/2015/00293

9115-CHB

Garda Civil 3203 T10323A

Euroloc de Maquinaria, S.L.

A realización de transporte ao abeiro de autorizacións de transporte privado complementario para vehículos pesados de servizos que non cumpren ningunha das condicións do artigo 102.2 da LOTT.

8.10.2008; 12.24; A-52; 132,0

Art. 140.1.6 LOTT

Estimatoria, revogando a sanción imposta

LU-01487-O-2013

RA/M/2015/00310

0610-DKR

Garda Civil 2701 C30220X

Marcos Casal Vega

A carencia a bordo do vehículo das follas de rexistro dos tempos de condución e descanso xa utilizadas ou dos documentos de impresión que resulte obrigatorio levar, con independencia do tipo de tacógrafo, analóxico ou dixital, que se estea a utilizar.

11.6.2013; 9.00; A-6; 455,00

Art. 140.35 LOTT

1.001 €

Desestimatoria, confirmando a sanción imposta

XC-03174-O-2012

RA/M/2015/00329

0681-DTN

Garda Civil 1525 P11649Z

Gloan, S.L.

Non levar a bordo do vehículo a tarxeta de condutor, aínda que se estea a utilizar un tacógrafo analóxico, cando resulte necesaria para apreciar as condicións de condución durante o período anterior exixible.

24.10.2012; 12.09; N-550; 8,300

Art. 140.35 LOTT

1.001 €

Desestimatoria, confirmando a sanción imposta