Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 58 Luns, 28 de marzo de 2016 Páx. 11039

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Infraestruturas e Vivenda

CÉDULA do 14 de marzo de 2016, da Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Infraestruturas e Vivenda, pola que se notifica a solicitude de acreditación da representación no recurso interposto contra unha resolución sancionadora en materia de transportes terrestres devolta polo servizo de Correos (expediente RA/M/2015/00878).

De conformidade co disposto no artigo 59.5 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, notifícaselle á persoa que a seguir se relaciona a solicitude de acreditación da representación do recurso interposto contra a resolución do expediente sancionador instruído por infracción da normativa reguladora dos transportes terrestres, por resultar descoñecido o seu destinatario ou ben porque, intentada a notificación, non se puido efectuar.

Examinado o recurso interposto, observouse que este carece dun requisito esencial exixido polo artigo 32.3 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, que é que, para interpoñer recursos deberá acreditarse a representación por calquera medio válido en dereito que deixe constancia fidedigna. Por tanto, requírese o interesado para que presente a documentación (orixinal ou copia compulsada) do representante para actuar en nome da entidade e a remita á Consellería de Infraestruturas e Vivenda; Secretaría Xeral Técnica; Servizo Técnico-Xurídico; San Caetano, bq. 5, 15781 Santiago de Compostela (A Coruña).

Por todo o exposto, e co fin de dar cumprimento ao establecido no artigo 110.1 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, e ter así por interposto o recurso presentado, deberá proceder á emenda da falta mencionada no prazo de dez (10) días contados a partir da publicación desta cédula no Boletín Oficial del Estado, tal e como se establece no artigo 32.4 da mencionada lei.

Lémbraselle que, de non proceder á corrección dos defectos antes mencionados, esta Administración procederá a dar cumprimento ao establecido no artigo 113.1 da Lei 30/1992, inadmitindo o recurso interposto.

E para que conste e sirva de notificación ao interesado, asino e selo esta cédula.

Santiago de Compostela, 14 de marzo de 2016

Joaquín Macho Canales
Secretario xeral técnico da Consellería de Infraestruturas e Vivenda

ANEXO

Número recurso

Expediente

Matrícula

Denunciante

Recorrente

Infracción cometida

Datos da denuncia: data; hora; estrada; p.q.

RA/M/2015/00878

LU-00974-O-2014

4928-CGX

Garda Civil 2701 C30220X

Corresponsal Orensana de Transportes, S.L.

Non levar inserida no tacógrafo a tarxeta de condutor ou a folla de rexistro dos tempos de condución e descanso, cando iso resulte exixible, ou facelo de forma incorrecta. Ou non ter efectuado os documentos impresos ao inicio e á finalización da viaxe nos supostos de deterioración ou mal funcionamento da tarxeta de condutor ou no caso de que esta non obre no seu poder.

21.3.2014; 18.00; N-120; 498,00