Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 57 Mércores, 23 de marzo de 2016 Páx. 10794

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía, Emprego e Industria

RESOLUCIÓN do 11 de febreiro de 2016, da Dirección Xeral de Enerxía e Minas, pola que se somete a información pública a solicitude de autorización administrativa e aprobación do proxecto de execución do módulo de regasificación de gas natural licuado para dar subministración ao termo municipal de Palas de Rei, promovido pola empresa Gas Galicia SDG, S.A. (expediente IN627A 2015/32-0).

Para os efectos previstos no artigo 73 da Lei 34/1998, do 7 de outubro, do sector de hidrocarburos, e no artigo 78 do Real decreto 1434/2002, do 27 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de gas natural, sométese a información pública o seguinte proxecto de autorización administrativa:

• Peticionario.

Gas Galicia SDG, S.A., con CIF nº A15383284 e con enderezo para os efectos de notificación na rúa Lisboa, s/n, Edificio Área Central, local 31-HIJ, 15707 Santiago de Compostela (A Coruña).

• Antecedentes.

O 18 de abril de 2013 esta dirección xeral ditou resolución pola que se outorgou a Gas Galicia SDG, S.A. a autorización administrativa para a distribución de gas natural canalizado no termo municipal de Palas de Rei, na provincia de Lugo (expediente IN627A 2012/14-0); que se publicou no Diario Oficial de Galicia do 11 de xullo de 2013 e no Boletín Oficial da provincia do 24 de agosto.

Conforme o disposto nesta autorización administrativa, a subministración de gas natural ao termo municipal de Palas de Rei realizarase mediante unha planta de gas natural licuado (GNL) que se instalaría nunha parcela situada ao noroeste do polígono industrial do núcleo urbano de Palas de Rei, e desde a que partirá a rede de distribución cara a este núcleo urbano.

O 18 de decembro de 2015 Gas Galicia SDG, S.A. solicitou a autorización administrativa e a aprobación do proxecto de execución da instalación nunha localización diferente.

• Obxecto da petición:

O obxecto da petición é a autorización administrativa e a aprobación do proxecto de execución denominado «Módulo de regasificación de gas natural licuado para dar subministración ao termo municipal de Palas de Rei (Lugo)».

• Descrición das instalacións:

O módulo de regasificación situarase na parcela de referencia catastral 27040A046000430001II situada en Lg. A Aldea de Abaixo-Pq Palas Polígono 46, parcela 43 Mercado Gandeiro, Palas de Rei (Lugo). A devandita parcela é propiedade do concello, e Gas Galicia SDG, S.A. chegou a un acordo con el. Trátase dunha localización diferente á prevista no proxecto que serviu de base para o outorgamento da autorización administrativa a que se fai referencia nos antecedentes.

Proxéctase un módulo de regasificación de GNL cunha capacidade inicial de 10 m3, con posibilidade de ampliar con outro depósito de 10 m3.

O módulo de 10 m3 proporcionará gas natural nas seguintes condicións, para alimentar a rede de distribución:

– Capacidade de almacenamento de GNL: 10 m3

– Presión normal de servizo de almacenaxe de GNL: > 4bar

– Capacidade de regasificación: 300 Nm3/h (2x300 Nm3/h)

– Presión de subministración de GN: 0,40 bar

– Temperatura de subministración de GN: 0 – 20 ºC

• Termo municipal.

A solicitude afecta o termo municipal de Palas de Rei, na provincia de Lugo.

• Orzamento.

Cento cincuenta e nove mil trescentos noventa euros con trinta e seis céntimos (159.390,36 €).

O que se fai público para coñecemento xeral e para que todas aquelas persoas, naturais ou xurídicas, que se consideren prexudicadas nos seus dereitos, poidan presentar as súas alegacións, no prazo de 20 días a partir da data de publicación deste anuncio, e poidan examinar o correspondente proxecto na Dirección Xeral de Enerxía e Minas, Edificio Administrativo San Caetano, bloque 5, 4º andar, 15781 Santiago de Compostela, así como na Xefatura Territorial de Lugo da Consellería de Economía, Emprego e Industria, rolda da Muralla, 70, 27071 Lugo.

Santiago de Compostela, 11 de febreiro de 2016

Ángel Bernardo Tahoces
Director xeral de Enerxía e Minas