Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 57 Mércores, 23 de marzo de 2016 Páx. 10792

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía, Emprego e Industria

RESOLUCIÓN do 10 de febreiro de 2016, da Dirección Xeral de Enerxía e Minas, pola que se somete a información pública a solicitude de autorización administrativa e aprobación do proxecto de execución da extensión de rede en MOP 4 bar para subministración de gas natural a Ingapan, S.L. e zona de influencia do seu trazado en Outeiro de Rei (Lugo), promovido pola empresa Gas Galicia SDG, S.A. (expediente IN627A 2015/27-0).

Para os efectos previstos no artigo 73 da Lei 34/1998, do 7 de outubro, do sector de hidrocarburos, e no artigo 78 do Real decreto 1434/2002, do 27 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de gas natural, sométese a información pública o seguinte proxecto de autorización administrativa:

• Peticionario.

Gas Galicia SDG, S.A., con CIF nº A15383284 e con enderezo para os efectos de notificación na rúa Lisboa, s/n, Edificio Área Central, local 31-HIJ, 15707 Santiago de Compostela (A Coruña).

• Antecedentes.

O 24 de febreiro de 2012 esta dirección xeral ditou resolución pola que se outorgou a Gas Galicia SDG, S.A. a autorización administrativa e se aproba o proxecto de execución das instalacións da rede de distribución de gas natural no termo municipal de Outeiro de Rei na provincia de Lugo (expediente IN627A 2010/11-0); que se publicou no Diario Oficial de Galicia do 13 de abril de 2012 e no Boletín Oficial da provincia do 19 de xuño.

Conforme o disposto nesta autorización administrativa, a subministración de gas natural realizarase desde unha conexión coa rede proveniente do termo municipal de Lugo, na estrada municipal da urbanización Os Alagos.

O 22 de decembro de 2015 Gas Galicia SDG, S.A. solicitou a autorización administrativa e a aprobación do proxecto de execución da extensión de rede en MOP 4 bar para subministración de gas natural a Ingapan, S.L. e zona de influencia do seu trazado en Outeiro.

• Obxecto da petición.

O obxecto da petición é a autorización administrativa e a aprobación do proxecto de execución denominado Extensión de rede en MOP 4 bar para subministración de gas natural a Ingapan, S.L. e zona de influencia do seu trazado en Outeiro.

• Descrición das instalacións.

As instalacións consisten na rede de distribución de gas natural desde o punto de entrega de gas natural no temo municipal de Outeiro de Rei (Lugo), con presión máxima de operación 4 bar para os ramais con conducións de polietileno.

– Rede de distribución de gas natural: 1.592 m.

– Instalacións auxiliares: 4 válvulas de corte.

• Termo municipal.

A solicitude afecta o termo municipal de Outeiro de Rei, na provincia de Lugo.

• Orzamento.

Sesenta e seis mil novecentos oitenta e seis euros con cincuenta e catro céntimos (66.986,54 €).

O que se fai público para coñecemento xeral e para que todas aquelas persoas, naturais ou xurídicas, que se consideren prexudicadas nos seus dereitos, poidan presentar as súas alegacións, no prazo de 20 días a partir da data de publicación deste anuncio, e examinar o correspondente proxecto na Dirección Xeral de Enerxía e Minas, Edificio Administrativo San Caetano, bloque 5, 4º andar, 15781 Santiago de Compostela, así como na Xefatura Territorial de Lugo da Consellería de Economía, Emprego e Industria, rolda da Muralla, 70, 27071 Lugo.

Santiago de Compostela, 10 de febreiro de 2016

Ángel Bernardo Tahoces
Director xeral de Enerxía e Minas