Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 57 Mércores, 23 de marzo de 2016 Páx. 10791

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía, Emprego e Industria

ACORDO do 19 de febreiro de 2016, da Xefatura Territorial da Coruña, polo que se anuncia o levantamento das actas previas á ocupación de bens e dereitos afectados pola instalación eléctrica de enlace LMT NEG-807 LMT NEG-803, no concello de Val do Dubra (expediente IN407A 2015/12-1).

Outorgada a declaración de utilidade pública que leva implícita a urxente ocupación dos bens e dereitos afectados polas instalacións da instalación eléctrica denominada Enlace LMT NEG-807 LMT NEG-803, no concello de Val do Dubra (expediente IN407A 2015/12-1), por Resolución desta xefatura territorial, do 30 de outubro de 2015, a favor da entidade beneficiaria Unión Fenosa Distribución, S.A., con enderezo en avenida de Arteixo, 171, 15007 A Coruña.

Esta xefatura territorial acorda sinalar os días 12, 13, 14, 19, 20 e 21 de abril de 2016 para o levantamento das actas previas á ocupación, de conformidade cos artigos 52 da Lei de expropiación forzosa, do 16 de decembro de 1954, e 56 do seu regulamento, do 26 de abril de 1957, nas cales se describirán os bens ou dereitos expropiables e de imposición de servidume de paso de enerxía eléctrica, contidos na relación de predios que se expón xunto con esta resolución no taboleiro de edictos do Concello da Val do Dubra, deducida da que se someteu a información pública no DOG, no BOP e no xornal La Voz de Galicia de datas 4.3.2015, 20.2.2015 e 7.3.2015, respectivamente, acto a que deberán concorrer as persoas propietarias ou titulares de dereitos sobre os predios propostos como afectados, ás cales se lles practicará notificación individual e se sinalarán os horarios de toma de datos sobre o terreo e do levantamento efectivo das actas nas oficinas da casa consistorial do dito concello.

Cando as persoas propietarias ou titulares de dereitos sobre os predios afectados sexan descoñecidas ou se ignore o lugar de notificación, dirixiranse ao Ministerio Fiscal as dilixencias que se produzan destas, de conformidade co artigo 5 da Lei de expropiación forzosa. Neste caso, igualmente, publicarase un anuncio no taboleiro de edictos único (TEU) do Boletín Oficial del Estado.

A Coruña, 19 de febreiro de 2016

Isidoro Martínez Arca
Xefe territorial da Coruña