Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 57 Mércores, 23 de marzo de 2016 Páx. 10789

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Infraestruturas e Vivenda

ANUNCIO do 7 de marzo de 2016, do Servizo de Mobilidade de Ourense, polo que se notifican as resolucións ditadas nos expedientes sancionadores en materia de transportes terrestres devoltas polo servizo de Correos porque, intentada a notificación, non se puido efectuar (expediente OU-01155-O-2015 e dous máis).

A persoa titular da Xefatura Territorial de Ourense ditou a resolución dos expedientes sancionadores número OU-01155-O-2015 e outros dous máis por infracción da normativa sobre transporte terrestre.

Intentada a notificación da resolución por correo certificado con aviso de recepción no domicilio que consta no correspondente expediente sancionador, esta foi devolta polo servizo de Correos. Por este motivo, e de conformidade co artigo 59.5 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, a notificación efectúase por medio dun anuncio publicado no Boletín Oficial del Estado (BOE), que, previamente, se publica no Diario Oficial de Galicia. En consecuencia, mediante este anuncio, notifícanse as resolucións ditadas ás persoas interesadas.

Infórmase de que os expedientes sancionadores se atopan á súa disposición nas oficinas do Servizo de Mobilidade de Ourense.

Comunicáselles que contra a resolución sancionadora, que non é definitiva na vía administrativa, cabe recurso de alzada ante a persoa titular da Dirección Xeral de Mobilidade da Consellería de Infraestruturas e Vivenda, no prazo dun mes contado desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio no BOE.

As sancións impostas foron aboadas anticipadamente cunha redución do seu importe conforme o previsto no artigo 146.3 da Lei 16/1987, do 30 de xullo, de ordenación dos transportes terrestres.

Ourense, 7 de marzo de 2016

Ángel Míguez López
Xefe do Servizo de Mobilidade de Ourense

ANEXO

Expediente

Matrícula

Denunciante

Persoa sancionada

DNI/CIF

Último enderezo coñecido

Infracción cometida

Data-Hora-Estrada-p.q.

Precepto cualificador

Precepto sancionador

Sanción imposta

OU-01155-O-2015

9974-GJJ

Garda Civil 3201 A47914C

Alejandro Falagan Prieto

10201052T

Monseñor José Álvarez González, 6-4º

32002 Ourense

Diminución do descanso diario fraccionado (sobre 3+9 horas) igual ou superior a 8 horas e inferior a 9 horas.

8.7.2015; 9.19; OU-0514; 1,2

Art. 142.17 LOTT

Art. 143.1.a) LOTT

100 euros

OU-01185-O-2015

8184-JCZ

Garda Civil 3203 V46236Y

Transportes y Arrastres Contreras, S.L.

B23650864

Fuente del Alamillo, 3-2-2-b

23006 Jaén

Exceso nos tempos máximos de condución diaria (sobre 9 horas). Máis de 9 horas ata 10 horas.

22.7.2015; 17.22; A-52; 181,03

Art. 142.17 LOTT

Art. 143.1.a) LOTT

100 euros

OU-01409-O-2015

1344-DKD

Garda Civil 3203 L24919Z

Conxelados San Martiño, S.L.

B32334948

Río Avia, 21 2

32001 Ourense

O exceso igual ou superior ao 5 % e inferior ao 15 % sobre a MMA total en vehículos con MMA ata 12 toneladas. Exceso de peso igual ou superior ao 13 %.

23.9.2015; 9.38; A-52; 181,0

Art. 142.2 LOTT

Art. 143.1.c) LOTT

400 euros