Despois de intentada a notificación persoal nos termos establecidos no artigo 59.2 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, e de conformidade co disposto nos artigos 59.5 e 61, emprázase a persoa interesada que se sinala no anexo para ser notificada por comparecencia.
A comparecencia deberá efectuarse no prazo de dez días, contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio no taboleiro de edictos único (TEU) do BOE, na Xefatura da Área Provincial do Instituto Galego da Vivenda e Solo, rúa Alcalde Hevia, 17, planta 4ª, Pontevedra, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres.
Transcorrido o dito prazo sen efectuarse a comparecencia, a notificación entenderase producida desde o día seguinte ao da publicación no TEU do BOE.
Pontevedra, 26 de febreiro de 2016
José Luis Díez Yáñez
Xefe territorial de Pontevedra
ANEXO
Expediente: P-054/15.
Nome: Mónica García Vázquez.
Enderezo: Poboado mineiro do Fontao, 3, bl. 1, baixo C-D, 36599 Vila de Cruces (Pontevedra).
Acto notificado: acordo de incoación do procedemento de desafiuzamento da vivenda de promoción pública de protección oficial PO-2001NR/01, conta 3.