Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 57 Mércores, 23 de marzo de 2016 Páx. 10786

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Infraestruturas e Vivenda

CÉDULA do 26 de febreiro de 2016, da Xefatura Territorial de Pontevedra, pola que se notifica á persoa interesada o requirimento de pagamento en relación co procedemento por falta de pagamento P-003/16.

De conformidade co artigo 59.5 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, despois de que se intentase en dúas ocasións a notificación persoal no último domicilio coñecido, notifícase á persoa interesada o requirimento de pagamento que se detalla no anexo. A eficacia deste anuncio queda supedita á súa publicación no TEU do BOE.

Pontevedra, 26 de febreiro de 2016

José Luis Díez Yáñez
Xefe territorial de Pontevedra

ANEXO

Expediente: P-003/16.

Nome: Jorge Francisco Costas.

Enderezo: Rúa das Teixugueiras, núm. 17, portal 4, 11º E. 36212 Vigo.

Asunto: requirimento de pagamento.

Débeda: 1.992,68 €.

Indicación do contido: de acordo cos artigos 1091, 1124, 1501 e 1504 do Código civil e a cláusula quinta do contrato de compravenda, requirímolo para o pagamento de 11 recibos vencidos e non satisfeitos por un importe total de 1.992,68 €, relativos á vivenda que ten adxudicada en réxime de compravenda con garantía hipotecaria e correspondentes ao período comprendido entre o 1.3.2015 e o 1.1.2016, ambos incluídos.

De acordo coas obrigacións dimanantes do contrato, co artigo 82 da Lei 2/2012, do 29 de xuño, de vivenda de Galicia, e co artigo 84 da LRXPAC, concédeselle un prazo de 15 días hábiles para que se poña ao día nas súas obrigacións procedendo a pagar o referido importe en calquera das oficinas de Abanca ou presentándose en trámite de audiencia nesta área provincial, co fin de achegar os documentos ou xustificacións que ache convenientes.

Advertímolo de que, no caso de non atender este requirimento, procederase á resolución do contrato co consecuente desaloxo para a súa posterior adxudicación a outros beneficiarios.