Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 56 Martes, 22 de marzo de 2016 Páx. 10531

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Facenda

ORDE do 15 de marzo de 2016 pola que se acorda a adxudicación do procedemento de alleamento, mediante poxa pública, do 50 % dun inmoble situado no concello de Valencia.

Mediante Orde da Consellería de Facenda do 11 de marzo de 2015 foi autorizado o alleamento, mediante poxa, do 50 % dun inmoble situado na avenida Pérez Galdós, 65 de Valencia.

Logo de publicarse, no Diario Oficial de Galicia do 10 de febreiro de 2016, número 27, e nun xornal de ampla difusión (Diario Marca do mesmo día), o anuncio da Secretaría Xeral Técnica e do Patrimonio de alleamento do citado inmoble, tivo lugar o 10 de marzo de 2016 a poxa pública anunciada, polo que, á vista das actas da mesa de contratación, de conformidade co disposto no artigo 70 do Decreto 50/1989, polo que se aproba o Regulamento do patrimonio da Comunidade Autónoma de Galicia, e tras a proposta da Secretaría Xeral Técnica e do Patrimonio,

DISPOÑO:

Primeiro. Aprobar a seguinte adxudicación:

A Módulos Audiovisuales, S.L., en cuarta poxa, polo prezo de oito mil trescentos setenta e un euros, o 50 % do dominio da vivenda situada na avenida Pérez Galdós, 65, planta primeira, porta primeira, de Valencia, dunha superficie construída de 94,85 m2 e de 82,70 m2 útiles, segundo unha medición recente. Referencia catastral 4522008YJ2742B0003YB, inscrito no Rexistro da Propiedade número 2 de Valencia no tomo 2955, folio 171, sección sétima, do predio 11385.

Segundo. O pagamento do prezo de adxudicación efectuarase segundo o estipulado no artigo 70.3 do Decreto 50/1989, do 9 de marzo, polo que se aproba o Regulamento de patrimonio da Comunidade Autónoma de Galicia.

Terceiro. A venda formalizarase como corpo certo en escritura pública e serán por conta dos adquirentes os custos do seu outorgamento. Os tributos derivados da transmisión serán exixidos conforme o disposto na lexislación tributaria. Así mesmo, é por conta do adxudicatario o pagamento dos custos dos anuncios que se producisen neste procedemento de alleamento e os demais gastos previstos no prego de condicións.

Cuarto. Contra esta resolución, que pon fin á vía administrativa, poderase interpor recurso potestativo de reposición, ante esta consellería, no prazo dun mes contado desde o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, ou recurso contencioso-administrativo ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses.

Santiago de Compostela, 15 de marzo de 2016

P.D. (Orde do 9.1.2012; DOG nº 9, do 13 de xaneiro)
Mª del Socorro Martín Hierro
Secretaria xeral técnica e do Patrimonio da Consellería de Facenda