Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 56 Martes, 22 de marzo de 2016 Páx. 10530

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 2 de Málaga

EDICTO (879/2015).

Luciana Rubio Bayo, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 6 de Málaga, fai saber que en virtude de proveído ditado nesta data nos autos número 879/2015 se acordou citar a Zara Home España, S.A. como parte demandada por ter ignorado paradoiro para que comparezan o próximo día 6.4.2016 ás 11.00 horas para asistir aos actos de conciliación e xuízo, se é o caso, que terán lugar neste xulgado do social, sito en r/ Fiscal Luis Portero García (Cidade da Xustiza de Málaga), planta 3ª, debendo comparecer persoalmente ou por persoa legalmente apoderada e cos medios de proba de que intente valerse, coa advertencia de que é única convocatoria e que non se suspenderán por falta inxustificada de asistencia.

Igualmente, cítaselle para que no mesmo día e hora, a referida parte realice proba de confesión xudicial.

Ponse en coñecemento da devandita parte, que ten á súa disposición na Secretaría deste xulgado do social copia da demanda presentada.

E para que sirva de citación a Zara Home España, S.A.

Expídese a presente cédula de citación para a súa publicación no Diario Oficial de Galicia e para a súa colocación no taboleiro de anuncios.

Málaga, 12 de febreiro de 2016

A letrada da Administración de xustiza

«En relación aos datos de carácter persoal, sobre a súa confidencialidade e prohibición de transmisión ou comunicación por calquera medio ou procedemento, deberán ser tratados exclusivamente para os fins propios da Administración de xustiza (ex Lei orgánica 15/1999, do 13 de decembro, de protección de datos de carácter persoal)».