Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 56 Martes, 22 de marzo de 2016 Páx. 10528

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela

EDICTO (630/2014).

Susana Varela Amboage, secretaria xudicial do Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela, fago saber que no procedemento ordinario 630/2014 deste xulgado do social, seguido por instancia de José Manuel López González contra Serramar Seguridad, S.L. e o Fondo de Garantía Salarial (Fogasa), sobre ordinario, se ditou a seguinte resolución:

«Sentenza:26/2016.

Procedemento ordinario número 630/2014.

Santiago de Compostela, 2 de marzo de 2016.

Susana Villarino Moure, maxistrada xuíza do Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela, despois de ver os presentes autos nº 630/2014, sobre reclamación de cantidade, por instancia de José Manuel López González, asistido polo letrado Pedro Blanco Lobeiras, contra Serramar Seguridad, S.L., que non comparece, despois de ser citado o Fogasa, que non comparece, ditou a presente sentenza:

Decido que debo aceptar e acepto a demanda presentada e, en consecuencia, condeno a Serramar Seguridad, S.L. a lle aboar a José Manuel López González 4.459,41 euros, cantidade respecto da que se incrementará cos xuros do artigo 29.3 do ET o importe de 4.097,37 euros e cos xuros dos artigos 1100 e seguintes do Código civil a suma de 362,04 euros, calculados ambos os dous xuros desde a data de presentación da papeleta de conciliación ante o SMAC. Condeno a empresa ao aboamento das custas procesuais con inclusión dos honorarios do letrado da parte demandante por importe de 200 euros. Condeno o Fogasa a estar e pasar pola presente resolución nos termos do artigo 23.6, inciso primeiro da LRXS.

Notifíqueselles a presente resolución ás partes facéndolles saber que contra ela poden interpor recurso de suplicación no prazo de cinco días desde a súa notificación.

Lévese o orixinal desta resolución ao libro de sentenzas e déixese testemuño nas actuacións.

Así o acordo, mando e asino. A maxistrada xuíza».

E para que lle sirva de notificación en legal forma a Serramar Seguridad, S.L., en paradoiro ignorado, expido este edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírtese o destinatario de que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo no suposto da comunicación das resolucións que sexan autos ou sentenzas, ou cando se trate de emprazamento.

Santiago de Compostela, 3 de marzo de 2016

A secretaria xudicial