Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 55 Luns, 21 de marzo de 2016 Páx. 10305

V. Administración de xustiza

Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (Sala do Social)

EDICTO (1339/2015).

Tipo e número de recurso: RSU recurso de suplicación 1339/2015 CRG-A

Xulgado de orixe/autos: procedemento ordinario 824/2013, Xulgado do Social número 3 de Vigo

Recorrente: Alberto Fernández Costas

Avogada: Cristina Pesqueira García

Recorridos: Fogasa, Digital Gráficas Equipamientos y Consumibles de Oficina, Faster Print, S.L., Gallega de Mecanización, S.A.L. (Gamesal, S.A.L.)

Avogados: Fogasa, Rubén González Rodríguez, Ana Fernández Alonso

Eu, María Isabel Freire Corzo, secretaria xudicial da Sección número 1 da Sala Segunda do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, fago saber que no procedemento de recurso de suplicación 1339/2015 desta sección, seguido por instancia de Alberto Fernández Costas contra o Fogasa, Digital Gráficas Equipamientos y Consumibles de Oficina, Faster Print, S.L., Gallega de Mecanización, S.A.L. (Gamesal, S.A.L.), sobre reclamación de cantidade, ditouse a seguinte resolución:

«Decidimos que, desestimando o recurso de suplicación interposto pola letrada Cristina Pesqueira García, actuando en nome e representación de Alberto Fernández Costas contra a sentenza de data 9 de xuño de 2014, ditada polo Xulgado do Social número 3 de Vigo, en autos 824/2013, seguidos por instancia da parte recorrente contra Digital Gráficas Equipamientos y Consumibles de Oficina, S.L., Gallega de Mecanizados, S.A.L., Faster Print, S.L. e o Fogasa, debemos confirmar e confirmamos na súa integridade os pronunciamentos contidos na sentenza de instancia.

Incorpórese o orixinal desta sentenza, pola súa orde, ao libro de sentenzas desta sala do social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia.

Modo de impugnación: faise saber ás partes que contra esta sentenza cabe interpoñer recurso de casación para unificación de doutrina, que se debe preparar mediante escrito presentado ante esta sala dentro do improrrogable prazo de dez días hábiles inmediatos seguintes á data de notificación da sentenza. Se o recorrente non ten a condición de traballador ou beneficiario do réxime público da Seguridade Social deberá efectuar:

– O depósito de 600 euros na conta de 16 díxitos desta sala, aberta no Banco de Santander (Banesto) co número 1552 0000 37, seguida dos catro díxitos correspondentes ao número do recurso e dous díxitos do ano deste.

– Así mesmo, se hai cantidade de condena, deberá consignala na mesma conta, pero co código 80 en vez do 37 ou ben presentar aval bancario solidario en forma.

– Se o ingreso se fai mediante transferencia bancaria desde unha conta aberta en calquera entidade bancaria distinta, haberá que emitila á conta de vinte díxitos 0049 3569 92 0005001274 e facer constar no campo “Observacións ou concepto da transferencia” os 16 díxitos que corresponden ao procedemento (1552 0000 80 ou 37 **** ++).

Así por esta nosa sentenza, pronunciámolo, mandámolo e asinámolo».

Advírtese á parte en ignorado paradoiro que, a partir deste momento, se lle efectuarán as notificacións en estrados, salvo que se trate de autos, sentenzas ou emprazamentos, de acordo co previsto no artigo 59 da Lei de procedemento laboral.

E para que así conste para os efectos da súa publicación no Diario Oficial de Galicia co fin de que sirva de notificación en forma a Gallega de Mecanización, S.A.L. (Gamesal, S.A.L.), coa advertencia de que as seguintes comunicacións se farán en estrados, salvo as que deban revestir forma de auto ou sentenza ou se trate de emprazamento, expido e asino o presente edicto.

A Coruña, 29 de febreiro de 2016

A secretaria xudicial