Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 55 Luns, 21 de marzo de 2016 Páx. 10307

V. Administración de xustiza

Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (Sala do Social)

EDICTO (2528/2015).

Tipo e número de recurso: recurso de suplicación (RSU) 2528/2015 CRG-A

Xulgado de orixe/autos: procedemento ordinario 120/2014 do Xulgado do Social número 2 de Pontevedra

Recorrente: Pascal Cyganko Delozanne

Avogada: Sonia Canay Pazos

Procurador: Juan Lage Fernández-Cervera

Recorridos: Fogasa, Ankarr Villagarcía, S.L.

Avogado: Fogasa (…)

Eu, María Isabel Freire Corzo, secretaria xudicial da Sección número 1 da Sala Segunda do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, fago saber que no procedemento de recurso de suplicación 2528/2015 desta sección, seguido por instancia de Pascal Cyganko Delozanne contra Fogasa, Ankarr Villagarcía, S.L., sobre reclamación de cantidade, se ditou a seguinte resolución:

«Decidimos:

Que estimamos en parte o recurso de suplicación interposto pola letrada Sonia Canay Pazos, actuando en nome e representación de Pascal Cyganko Delozanne contra a sentenza de data 9 de marzo de 2015, ditada polo Xulgado do Social número 2 de Pontevedra, en autos 120/2014 seguidos por instancia da parte demandante contra a empresa Ankarr Villagarcía, S.L.U. e sendo parte o Fogasa, e en consecuencia condenamos a empresa demandada a aboarlle ao demandante a cantidade de 1.323,72 € en concepto de salario por 27 días traballados en xaneiro de 2012.

Mantense a libre absolución do Fogasa sen prexuízo da responsabilidade que lle poida corresponder ex artigo 33 do Estatuto dos traballadores.

Incorpórese o orixinal desta sentenza, pola súa orde, ao libro de sentenzas deste Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, Sala do Social.

Así, por esta a nosa sentenza, pronunciámolo, mandámolo e asinámolo.

Modo de impugnación: fáiselles saber ás partes que contra esta sentenza cabe interpor recurso de casación para unificación de doutrina, que se deberá preparar mediante escrito presentado ante esta sala dentro do improrrogable prazo de dez días hábiles inmediatos seguintes á data de notificación da sentenza. Se o recorrente non tivese a condición de traballador ou beneficiario do réxime público da Seguridade Social deberá efectuar:

– O depósito de 600 € na conta de 16 díxitos desta sala, aberta no Banco de Santander (Banesto) co número 1552 0000 37, seguido de catro díxitos correspondentes ao número do recurso e dous díxitos do ano deste.

– Así mesmo, se hai cantidade de condena deberá consignala na mesma conta, pero co código 80 en vez do 37 ou ben presentar aval bancario solidario en forma.

– Se o ingreso se fai mediante transferencia bancaria desde unha conta aberta en calquera entidade bancaria distinta, haberá que emitila á conta de vinte díxitos 0049 3569 92 0005001274 e facer constar no campo “Observacións ou concepto da transferencia” os 16 díxitos que corresponden ao procedemento (1552 0000 80 ou 37 **** ++).

Así, por esta a nosa sentenza, pronunciámolo, mandámolo e asinámolo».

Advírteselle á parte en ignorado paradoiro que, a partir deste momento, se lle efectuarán as notificacións en estrados, salvo que se trate de autos, sentenzas ou emprazamentos, de acordo co prevido no artigo 59 da Lei de procedemento laboral.

E para que así conste para os efectos da súa publicación no Diario Oficial de Galicia co fin de que lle sirva de notificación en forma a Ankarr Villagarcía, S.L., coa advertencia de que as seguintes comunicacións se farán en estrados, salvo as que deban revestir forma de auto ou sentenza ou se trate de emprazamento, expido e asino o presente edicto.

A Coruña, 29 de febreiro de 2016

A secretaria xudicial