Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 55 Luns, 21 de marzo de 2016 Páx. 10360

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Infraestruturas e Vivenda

CÉDULA do 24 de febreiro de 2016, da Xefatura Territorial de Pontevedra, pola que se notifica á persoa interesada o requirimento de pagamento en relación co procedemento por falta de pagamento P-002/16.

De conformidade co artigo 59.5 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, despois de que se intentase en dúas ocasións a notificación persoal no último domicilio coñecido, notifícase á persoa interesada o requirimento de pagamento que se detalla no anexo. A eficacia desta cédula queda supeditada á súa publicación no TEU do BOE.

Pontevedra, 24 de febreiro de 2016

José Luis Díez Yáñez
Xefe territorial de Pontevedra

ANEXO

Expediente: P-002/16.

Nome: Verónica Sinisterra Alonso.

Enderezo: Rúa das Teixugueiras, núm. 17, portal 3, 8º A, 36212 Vigo, Pontevedra.

Asunto: requirimento de pagamento.

Débeda: 1.619,44 €.

Indicación do contido: de acordo co artigo 82 da Lei 8/2012, do 29 de xuño, de vivenda de Galicia, requirímola para o pagamento de oito recibos de alugueiro por un importe total de 1.212,80 €, un recibo do IBI fraccionado por un importe total de 220,30 € (un recibo de 20,30 € e catro de 50 €) e dous recibos da taxa de auga e lixo de 93,83 € e 92,51 € respectivamente, relativos á vivienda que ten adxudicada en réxime de aluguer e correspondentes ao período comprendido entre o 1.1.2014 e o 1.1.2016, ambos incluídos.

Concédeselle un prazo de quince (15) días hábiles para que se poña ao día nas súas obrigacións procedendo ao pagamento do referido importe en calquera das oficinas de Abanca, ou se presente en trámite de audiencia nesta área provincial co fin de achegar os documentos ou xustificacións que ache convenientes.

Advertímola de que, no caso de non atender este requirimento, se procedera á resolución do contrato co conseguinte desaloxo para a súa posterior adxudicación a outros beneficiarios.