Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 55 Luns, 21 de marzo de 2016 Páx. 10361

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Infraestruturas e Vivenda

ANUNCIO do 24 de febreiro de 2016, da Xefatura Territorial de Pontevedra, de notificación en procedemento pola que se emprazan as persoas interesadas para seren notificadas por comparecencia no expediente P-062/14.

Despois de intentada a notificación persoal nos termos establecidos no artigo 59.2 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, e de conformidade co disposto nos artigos 59.5 e 61, emprázanse as persoas interesadas que se sinalan no anexo para seren notificadas por comparecencia.

A comparecencia deberá efectuarse no prazo de dez (10) días, contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio no taboleiro de edictos único (TEU) do BOE, na xefatura da Área Provincial do Instituto Galego da Vivenda e Solo, rúa Alcalde Hevia, 17, andar 4º, Pontevedra, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres.

Unha vez transcorrido o dito prazo sen se efectuar a comparecencia, a notificación entenderase producida desde o día seguinte ao da publicación no TEU do BOE.

Pontevedra, 24 de febreiro de 2016

José Luis Díez Yáñez
Xefe territorial de Pontevedra

ANEXO

Expediente: P-062/14.

Nomes: Jaime Mauricio Urrutia Madrid e Andrea Angélica Milner Alcayaga.

Enderezo: A Choupana, núm. 13, portal 3, 1º A, Cangas (Pontevedra).

Acto notificado: acordo de incoación do procedemento de desafiuzamento da vivenda de promoción pública de protección oficial PO-2006/030, conta 5.