Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 55 Luns, 21 de marzo de 2016 Páx. 10384

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Sanidade

CÉDULA do 26 de febreiro de 2016, da Xefatura Territorial da Coruña, pola que se notifica a proposta de resolución do expediente sancionador 2015287AL-CO, por infraccións en materia sanitaria.

Coa data do 3 de febreiro de 2016, o/a instrutor/a do procedemento ditou proposta de resolución do expediente sancionador número 2015287AL-CO incoado na Xefatura Territorial da Consellería de Sanidade da Coruña a Col-Servicol, S.L.

Intentada a notificación da proposta de resolución segundo o disposto no artigo 59.2 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, e non sendo posible a súa práctica; por medio desta cédula e ao abeiro do disposto no número 5 do devandito artigo, notifícaselle a Col-Servicol, S.L. o contido da dita proposta de resolución, que figura como anexo, para que poida ter coñecemento dela.

Así mesmo, fáiselle saber o dereito que lle asiste ao abeiro do disposto no número 1 do artigo 19 do Real decreto 1398/1993, do 4 de agosto, polo que se aproba o Regulamento para o exercicio da potestade sancionadora, para presentar alegacións ante a xefatura territorial no prazo de quince (15) días hábiles, contados desde o seguinte ao da publicación desta cédula, lembrándolle o seu dereito a consultar o expediente depositado nas dependencias da xefatura territorial, sita na rúa Durán Loriga, nº 3, A Coruña, e a obter, se é o caso, copia do expediente, segundo o previsto na letra a) do artigo 35 da Lei 30/1992, do 26 de novembro.

Esta cédula expídese para que conste e lle sirva de notificación á interesada, en cumprimento co disposto no artigo 59.5 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, modificado pola Lei 15/2014, do 16 de setembro (BOE núm. 226, do 17 de setembro).

A Coruña, 26 de febreiro de 2016

Cristina Pérez Fernández
Xefa territorial da Coruña

ANEXO

Nº de expediente: 2015287AL-CO.

Interesada: Col-Servicol, S.L., (Catering Perea Rojas, S.L. e Col-Servicol, S.L.).

DNI/NIF/CIF: B29682127.

Último enderezo coñecido: r/ Mestre Mateo, nº 3, 15706 Santiago de Compostela.

Feitos imputados: infracción da lexislación aplicable en materia sanitaria.

Normativa infrinxida:

– Regulamento (CE) 852/2004, do 29 de abril, do Parlamento Europeo e do Consello, relativo á hixiene dos produtos alimenticios (DO núm. 139, do 30 de abril; rectif. DO núm. 204, do 4 agosto de 2007).

– Real decreto 3484/2000, do 29 de decembro, sobre normas de hixiene para a elaboración, distribución e comercio de comidas preparadas (BOE núm. 11, do 12 de xaneiro de 2001).

– Regulamento (UE) 1169/2011, do 25 de outubro (DO núm. L 304 do 22 de novembro), sobre a información alimentaria facilitada ao consumidor.

– Lei 17/2011, do 5 de xullo, de seguridade alimentaria e nutrición (BOE núm. 160, do 6 de xullo).

Tipificación provisional: grave.

Sanción proposta: 7.401 euros.

Ademais, mantense a medida preventiva de suspensión temporal de actividade.