Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 55 Luns, 21 de marzo de 2016 Páx. 10382

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía, Emprego e Industria

ANUNCIO do 8 de marzo de 2016, da Xefatura Territorial da Coruña, polo que se notifica a resolución do expediente sancionador na orde social RL 2007/718-1 e un máis.

De conformidade co disposto no artigo 59.5 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, as notificacións que non se puidesen practicar faranse por medio de anuncio no Boletín Oficial del Estado (BOE), quedando condicionada á súa publicación no taboleiro de edictos único (TEU) do BOE.

Intentouse a notificación por correo certificado aos titulares das empresas citadas no anexo, sen que fose posible, polo que se lles notifica por medio deste anuncio a resolución recaída nos correspondentes expedientes sancionadores.

Sen prexuízo do anterior e en virtude do disposto no artigo 59.5 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, este anuncio publícase no Diario Oficial de Galicia.

Os interesados dispoñen do prazo dun mes, contado a partir do día segunte ao da súa publicación no Boletín Oficial del Estado, para interpoñer recurso de alzada ante a Secretaría Xeral de Emprego, Consellería de Economía, Emprego e Industria, así como para comprobar o contido íntegro do expediente nas dependencias da Xefatura Territorial da Coruña, rúa Salvador de Madariaga, 9-1º, de A Coruña, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres.

Advírteselles de que, de non interpoñer recurso en tempo e forma, deberán aboar a sanción, utilizando necesariamente o documento de pagamento que poderán solicitar nesta xefatura territorial, nos seguintes prazos:

– Sancións notificadas antes do día 15 de cada mes, aboaranse antes do 29 do mes seguinte ao da notificación.

– Sancións notificadas logo do día 15 de cada mes, aboaranse antes do 5 do segundo mes seguinte á notificación.

De non facelo así, procederase á exacción pola vía executiva, nos termos previstos na Orde da Consellería de Economía e Facenda do 23 de novembro de 2001 (DOG do 5 de decembro).

A Coruña, 8 de marzo de 2016

Isidoro Martínez Arca
Xefe territorial da Coruña

ANEXO

1. Expediente: RL 2007/718-1.

Acta inf. nº: 1365/07.

Empresa: Servicios y Mantenimientos Lebrusán, S.L.

NIF: B82866385.

Concello: Madrid (Madrid).

Materia: seguridade e hixiene.

Data de resolución: 29 de decembro de 2015.

2. Expediente nº: RL 2013/178-1.

Acta inf. nº: I152013000034500.

Empresa: Semar Aluminio, S.L.

NIF: B15496730.

Concello: Ames (A Coruña).

Materia: prevención de riscos laborais.

Data de resolución: 16 de decembro de 2015.