Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 54 Venres, 18 de marzo de 2016 Páx. 10173

V. Administración de xustiza

Xulgado de Primeira Instancia número 6 de Ourense

CÉDULA de notificación (1255/2013).

No procedemento de referencia ditouse sentenza cuxo encabezamento e resolución literalmente copiados din:

«Sentenza número 283/2015.

Maxistrada xuíza: Laura Guede Gallego.

Ourense, 5 de marzo de 2015.

Unha vez vistos os presentes autos número 1255/2013, sobre divorcio, promovidos pola procuradora Sra. Vázquez, en nome e representación de Josefa Rodríguez Alvar, como demandante asistida polo letrado Sr. Rodríguez, fronte a José Manuel Touriño Gómez, declarado en rebeldía,

Decido:

Acordar a disolución do matrimonio formado por Josefa Rodríguez Alvar e José Manuel Touriño Gómez, con todos os efectos legais inherentes á dita disolución. Mantense o pronunciamento da sentenza de separación do 10.6.2004 en canto á pensión de alimentos a favor do fillo Adrián e a cargo do demandado.

Non se impoñen as custas do presente procedemento a ningunha das partes.

Esta sentenza non é firme. Conforme o disposto no artigo 208.4 da LAC, indícase que contra esta resolución cabe interpor, no prazo de 20 días, recurso de apelación (arts. 457 e ss. da LAC) ante este tribunal, para iso deberase constituír o deposito legalmente establecido.

E unha vez asine esta resolución, comuníquese de oficio para a súa anotación no Rexistro Civil, onde figura a inscrición do matrimonio cuxa disolución se declara.

Así o acorda, manda e asina súa señoría, dou fe».

E como consecuencia do paradoiro ignorado de José Manuel Touriño Gómez, expídese esta cédula para que sirva de notificación.

Ourense, 18 de febreiro de 2016

A secretaria xudicial