Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 54 Venres, 18 de marzo de 2016 Páx. 10171

V. Administración de xustiza

Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (Sala do Social, Sección Primeira)

EDICTO de notificación de sentenza (100/2015).

Tipo e nº de recurso: RSU recurso suplicación 100/2015. BC

Xulgado de orixe/autos: Seguridade Social 765/2013 Xulgado do Social número 5 de Vigo

Recorrente: Instituto Nacional da Seguridade Social

Avogado: Serv. Xurídico Seg. Social

Recorridos: Tesouraría Xeral da Seguridade Social, Osnola Mar, S.L., Mutua Gallega de Accidentes de Trabajo, Francisco Amante Caride García

Avogados: Tesouraría Xeral da Seguridade Social, Luis Esteban Leyenda Martínez, Beatriz Lago Gómez

M. Asunción Barrio Calle, letrada da Administración de xustiza da Sección Primeira da Sala Segunda do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, fago saber:

Que no procedemento de recurso de suplicación 100/2015 desta sección, seguido por instancia do Instituto Nacional da Seguridade Social contra a Tesouraría Xeral da Seguridade Social, Osnola Mar, S.L., Mutua Gallega de Accidentes de Trabajo, Francisco Amante Caride García, sobre incapacidade permanente, foi ditada a seguinte resolución:

«Decidimos: que, con desestimación do recurso interposto polo Instituto Nacional da Seguridade Social, confirmamos a sentenza que con data do 28.8.2014 foi ditada en autos tramitados polo Xulgado do Social número 5 de Vigo, por instancia de Francisco Amante Caride García, e pola que se acolleu a demanda formulada.

Modo de impugnación: faise saber ás partes que contra esta sentenza cabe interpor recurso de casación para unificación de doutrina, que se debe preparar mediante escrito presentado ante esta sala dentro do prazo improrrogable de dez días hábiles inmediatos seguintes á data de notificación da sentenza. Se o recorrente non tiver a condición de traballador ou beneficiario do réxime público de Seguridade Social, deberá efectuar:

– O depósito de 600 € na conta de 16 díxitos desta sala, aberta no Banco de Santander (Banesto) co nº 1552 0000 37, seguida de catro díxitos correspondentes ao número do recurso e dous díxitos do ano deste.

– Así mesmo, se houber cantidade de condena, deberá consignala na mesma conta, pero co código 80 en vez do 35 ou ben presentar aval bancario solidario en forma.

– Se o ingreso se fixer mediante transferencia bancaria desde unha conta aberta en calquera entidade bancaria distinta, haberá que emitila á conta de vinte díxitos 0049 3569 92 0005001274 e facer constar no campo “Observacións” ou “Concepto da transferencia” os 16 díxitos que corresponden ao procedemento (1552 0000 80 ou 35 **** ++).

Así pronunciamos, mandamos e asinamos por esta nosa sentenza».

E para que sirva de notificación en legal forma a Osnola Mar, S.L., en ignorado paradoiro, expido este edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírtese ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo no suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

A Coruña, 25 de febreiro de 2016

A letrada da Administración de xustiza