Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 54 Venres, 18 de marzo de 2016 Páx. 10175

V. Administración de xustiza

Xulgado de Primeira Instancia e Instrución número 2 de Verín

EDICTO (146/2015).

Xuízo verbal (réxime de visita avós) 146/2015

Sobre: outras materias

Demandante: Victoria Veiga Álvarez

Procurador: Antonio Álvarez Blanco

Demandada: Marta Colmenero Pascual

Ramón Martín Martín, secretario xudicial do Xulgado de Primeira Instancia e Instrución número 2 de Verín,

Fai saber:

Que neste órgano xudicial se seguen autos de xuízo verbal (visitas avós) número 146/2015, seguidos a instancia de Victoria Veiga Álvarez fronte a Marta Colmenero Pascual, e que en resolución de data 3 de marzo de 2016 se ditou a seguinte:

«Sentenza 17/2016

Vistos por Mónica Fernández Salgado, xuíza do Xulgado de Primeira Instancia e Instrución número 2 de Verín, os presentes autos de réxime de visitas 146/2015, seguidos a instancia de Victoria Veiga Álvarez, representada polo procurador Antonio Álvarez Blanco e defendida pola letrada Rocío del Alba Castro Prieto, contra Marta Colmenero Pascual, en situación de rebeldía procesual, sendo parte o Ministerio Fiscal, veño resolver en base aos seguintes (seguen antecedentes de feito e fundamentos de dereito):

Fallo:

Estímase a demanda formulada polo procurador Antonio Álvarez Blanco, en nome e representación de Victoria Veiga Álvarez, e en consecuencia recoñécese o dereito da actora a relacionarse coas súas netas Leticia e Nayara Montouto Colmenero.

Vitoria Veiga Álvarez poderá gozar da compañía das súas netas Leticia e Nayara Montouto Colmenero, na falta de acordo, o mesmo fin de semana que corresponde a visita do menor André Montouto Colmenero, é dicir, o primeiro fin de semana de cada mes desde o venres pola tarde ata o domingo pola tarde.

Non se fai imposición de custas.

Lévese testemuño desta resolución aos autos principais, e déixese o orixinal no libro correspondente.

Contra a presente sentenza cabe interpor recurso de apelación ante este xulgado para ante a Audiencia Provincial de Ourense dentro do prazo de vinte días seguintes á súa notificación.

Así, por esta a miña sentenza, pronúncioo, mándoo e asínoo».

E para que conste e lle sirva de notificación a Marta Colmenero Pascual, en ignorado paradoiro, expido e asino o presente.

Verín, 3 de marzo de 2016

O secretario xudicial