Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 53 Xoves, 17 de marzo de 2016 Páx. 10071

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Axencia Turismo de Galicia

CÉDULA do 1 de marzo de 2016 pola que se notifican as resolucións acordadas en expedientes administrativos de carácter sancionador pola comisión de infraccións graves en materia de turismo (expediente TUSAN1 2015/002-2 e cinco máis).

Mediante esta cédula e de conformidade co disposto no artigo 59.5 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (BOE núm. 285, do 27 de novembro), modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro (BOE núm. 12, do 14 de xaneiro), e pola Lei 15/2014, do 16 de setembro (BOE núm. 226, do 17 de setembro), notifícaselles ás persoas físicas e xurídicas que a seguir se mencionan, titulares de establecementos turísticos, as resolucións dos procedementos administrativos de carácter sancionador en materia de turismo por infracción administrativa grave da Lei 7/2011, do 27 de outubro, do turismo de Galicia (DOG núm. 216, do 11 de novembro), e que, intentadas polos medios habituais, non se puideron efectuar.

As/os interesadas/os poderán examinar os seus expedientes e recoller as resolucións mediante comparecencia nas dependencias da Axencia Turismo de Galicia, situadas na estrada de Santiago de Compostela-Noia km 3, A Barcia, Santiago de Compostela (A Coruña).

Contra as ditas resolucións, que poñen fin á vía administrativa, as/os interesadas/os poderán interpor recurso de reposición ante a titular da Axencia Turismo de Galicia no prazo dun (1) mes ou ben recurso contencioso-administrativo no prazo de dous (2) meses, desde o día seguinte ao desta publicación, de conformidade co establecido nos artigos 8.2.b), 14.1 segunda e 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Expediente: TUSAN1 2015/002-2.

Sancionada: Ana Isabel Rodríguez Redondo.

NIF: 33841725P.

Último enderezo: San Román de Retorta, s/n.

Localidade: Guntín (Lugo).

Precepto infrinxido: artigo 110.1 da Lei 7/2011, do 27 de outubro, do turismo de Galicia.

Resolución: multa de 3.000 euros.

Expediente: TUSAN1 2015/004-2.

Sancionada: Alousa 2012, S.L.

NIF: B27436518.

Último enderezo: rúa Calvo Sotelo, nº 211, baixo.

Localidade: Sarria (Lugo).

Precepto infrinxido: artigo 110.1 da Lei 7/2011, do 27 de outubro, do turismo de Galicia.

Resolución: multa de 1.000 euros.

Expediente: TUSAN1 2014/066-4.

Sancionada: Beatriz Martínez Madaleno.

NIF: 35312807X.

Último enderezo: rúa Real, nº 66-5º E.

Localidade: Cangas (Pontevedra).

Precepto infrinxido: artigo 110.12 da Lei 7/2011, do 27 de outubro, do turismo de Galicia.

Resolución: multa de 901 euros.

Expediente: TUSAN1 2015/015-4.

Sancionada: María Carmen Pereira Betanzos.

NIF: 36045528C.

Último enderezo: travesía de Couso, nº 19.

Localidade: O Rosal (Pontevedra).

Precepto infrinxido: artigo 110.1 da Lei 7/2011, do 27 de outubro, do turismo de Galicia.

Resolución: multa de 3.500 euros.

Expediente: TUSAN1 2015/023-4.

Sancionada: Amalia González Díaz.

NIF: 34868441G.

Último enderezo: rúa Bouza de Viso, nº 24.

Localidade: Salvaterra de Miño (Pontevedra).

Precepto infrinxido: artigo 110.1 da Lei 7/2011, do 27 de outubro, do turismo de Galicia.

Resolución: multa de 901 euros.

Expediente: TUSAN1 2015/034-4.

Interesado: Bienvenido López Fernández.

NIF: 35578568Y.

Último enderezo: rúa Telmo Bernárdez, nº 11, baixo.

Localidade: Redondela (Pontevedra).

Precepto infrinxido: artigo 110.1 da Lei 7/2011, do 27 de outubro, do turismo de Galicia.

Resolución: multa de 6.000 euros.

Comunícaselles que as resolucións da Axencia Turismo de Galicia poñen fin á vía administrativa e son, por tanto, executivas, polo que deberá aboar o importe da multa nos seguintes prazos: a) se a publicación se realiza entre os días 1 e 15 de cada mes, desde a data da publicación ata o día 20 do mes posterior ou ata o día inmediato hábil seguinte, b) se a publicación se realiza entre os días 16 e último de cada mes, desde a data da publicación ata o día 5 do segundo mes posterior ou ata o día inmediato hábil seguinte.

O aboamento realizarase mediante os impresos formalizados que lle serán facilitados nas dependencias desta axencia de turismo. De non efectuarse o ingreso no período voluntario, procederase á exacción da débeda pola vía de constrinximento.

Santiago de Compostela, 1 de marzo de 2016

Mª Nava Castro Domínguez
Directora da Axencia Turismo de Galicia