Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 53 Xoves, 17 de marzo de 2016 Páx. 10070

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Axencia Galega das Industrias Culturais

ANUNCIO do 8 de marzo de 2016 polo que se notifica o acordo de inicio do procedemento de prescrición de obrigas de exercicios pechados.

De conformidade co disposto no artigo 59.5 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, notifícaselle a Abada Xestión Cultural, S.L., a quen non se lle puido facer por correo certificado, o acordo de inicio do procedemento de prescrición de obrigas de exercicios pechados, ditado polo director da Agadic con data do 29 de febreiro de 2016. A notificación efectuarase por anuncio que se publicará no Boletín Oficial del Estado, logo da publicación do presente anuncio no Diario Oficial de Galicia.

Tendo en conta que, en atención ao previsto no artigo 61 da Lei 30/1992, o acto non se publica na súa integridade, fáiselle saber á interesada que poderá comparecer, no prazo de dez días hábiles, contados desde o seguinte ao da publicación do anuncio no Boletín Oficial del Estado, no Departamento de Xestión da Agadic, Cidade da Cultura de Galicia, Monte Gaiás, s/n, Santiago de Compostela, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres, para o coñecemento íntegro da mencionada resolución e constancia de tal coñecemento.

Transcorrido o devandito prazo sen terse efectuado a comparecencia, a notificación entenderase producida desde o día seguinte ao da publicación.

Santiago de Compostela, 8 de marzo de 2016

Jacobo Sutil Nesta
Director da Axencia Galega das Industrias Culturais

ANEXO

Interesada: Abada Xestión Cultural, S.L.

Último enderezo coñecido: Vía Pasteur, 5-2º B, 15890 Santiago de Compostela.

Resolución notificada: acordo de inicio.