Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 53 Xoves, 17 de marzo de 2016 Páx. 10074

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Instituto Galego da Vivenda e Solo

ANUNCIO do 1 de marzo de 2016, da Área Provincial da Coruña, polo que se empraza o interesado para ser notificado por comparecencia no expediente VP-C 65/15.

Despois de intentada a notificación persoal nos termos establecidos no artigo 59.2 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, e de conformidade co disposto nos seus artigos 59.5 e 61, emprázase o interesado que se sinala no anexo para ser notificado por comparecencia.

O acto foi adoptado polo xefe territorial da Consellería de Infraestruturas e Vivenda da Coruña.

A comparecencia deberá efectuarse no prazo de dez (10) días, contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio no taboleiro de edictos único (TEU) do BOE, na Xefatura da Área Provincial do Instituto Galego da Vivenda e Solo; rúa Vicente Ferrer, nº 2, 9º andar, ala sur, concello da Coruña, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres.

Transcorrido o dito prazo sen efectuar a comparecencia, a notificación entenderase producida desde o día seguinte ao da publicación no TEU do BOE.

A Coruña, 1 de marzo de 2016

Rosa Mª Gallego Neira
Xefa da Área Provincial da Coruña

ANEXO

VP-C 65/15.

Denunciado: Francisco Javier Pillo Fernández.

Acto notificado: resolución do procedemento sancionador en materia de vivenda.