Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 52 Mércores, 16 de marzo de 2016 Páx. 9903

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Cerdedo

ANUNCIO da fusión voluntaria dos termos municipais de Cerdedo e Cotobade.

O Pleno do Concello de Cerdedo, en sesión extraordinaria que tivo lugar o 3 de marzo de 2016, acordou iniciar expediente para a fusión voluntaria dos termos municipais de Cerdedo e Cotobade.

En cumprimento do disposto no artigo 32.2 da Lei 5/1997, do 22 de xullo, de Administración local de Galicia, sométese o expediente a información pública polo prazo de trinta días contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio no Boletín Oficial da provincia e no Diario Oficial de Galicia (última publicación), co fin de que os/as interesados/as presenten as alegacións ou observacións que xulguen pertinentes.

O expediente atópase á disposición dos/das interesados/as para a súa consulta na Casa do Concello de Cerdedo (Praza do Concello, 1, 36130 Cerdedo) os días hábiles, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres, e das 10.00 ás 12.00 horas os sábados.

Cerdedo, 4 de marzo de 2016

S. José Balseiros Guinarte
Alcalde