Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 52 Mércores, 16 de marzo de 2016 Páx. 9900

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Servizo Galego de Saúde

RESOLUCIÓN do 7 de marzo de 2016, da Dirección Xeral de Recursos Económicos, pola que se anuncia a licitación da subministración sucesiva da pílula poscoital (expediente MI-SER1-16-019).

1. Entidade adxudicadora: datos xerais e datos para a obtención da información.

a) Organismo: Servizo Galego de Saúde.

b) Dependencia que tramita o expediente: Dirección Xeral de Recursos Económicos.

c) Obtención de documentación e información:

1º. Dependencia: Servizo de Contratación.

2º. Domicilio: Edificio Administrativo San Lázaro, s/n, 2ª planta.

3º. Localidade e código postal: 15703 Santiago de Compostela.

4º. Teléfono: 881 54 27 87.

5º. Telefax: 881 54 27 62.

6º. Enderezo da internet do perfil do contratante: www.sergas.es

d) Número de expediente: MI-SER1-16-019.

2. Obxecto do contrato.

a) Tipo: subministración.

b) Descrición: subministración sucesiva da pílula poscoital.

c) División por lotes e número de lotes/número de unidades: non.

d) Prazo de execución/entrega: doce (12) meses desde a súa formalización.

e) Admisión de prórroga: si.

f) CPV(referencia de nomenclatura): 33641410-2.

3. Tramitación e procedemento.

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: aberto.

c) Criterios de adxudicación, se é o caso:

Concepto

Puntuación

Criterios valorables de forma automática (sobre B)

Oferta económica

0-90

4. Valor estimado do contrato: 100.396,80 euros.

5. Orzamento base de licitación.

a) Importe neto: 41.832 euros. Importe total: 43.505,28 euros.

6. Garantías exixidas.

Provisional (importe): non. Definitiva: 5 % do importe da licitación, excluído o IVE.

7. Requisitos específicos do contratista.

a) Solvencia económica e financeira e solvencia técnica ou profesional, se é o caso: ver os puntos 16 y 17 da folla de especificacións.

8. Presentación das ofertas ou das solicitudes de participación.

a) Data límite de presentación: quince días naturais contados desde o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia (DOG).

Se o último día de presentación de solicitudes coincide en sábado ou día inhábil, na localidade establecida na cláusula 5.2 do prego de cláusulas administrativas particulares, o prazo de presentación prorrogarase ao primeiro día hábil seguinte.

b) Lugar de presentación:

1º. Dependencia: Rexistro Xeral da Consellería de Sanidade e Servizo Galego de Saúde.

2º. Domicilio: Edificio Administrativo San Lázaro, s/n.

3º. Localidade e código postal: 15703 Santiago de Compostela.

c) Admisión de variantes, se procede: non.

d) Prazo durante o cal o licitador estará obrigado a manter a súa oferta: quince (15) días contados desde o seguinte ao de apertura das proposicións.

9. Apertura das ofertas.

a) Enderezo: Servizo Galego de Saúde, Edificio Administrativo San Lázaro, s/n.

b) Localidade e código postal: 15703 Santiago de Compostela.

c) Data e hora: apertura sobre B, terá lugar na sala 2-1 do Edificio Administrativo San Lázaro, ás 9.00 horas do décimo primeiro día natural contado desde o día seguinte ao de finalización de presentación das ofertas. En caso de que o día sinalado coincida en sábado, domingo ou festivo, realizarase o seguinte día hábil.

10. Gastos de publicidade: si, ver o punto 26 da folla de especificacións.

11. Outras informacións: si, ver o punto 28 da folla de especificacións.

Santiago de Compostela, 7 de marzo de 2016

Lourdes Vilachán Angueira
Directora xeral de Recursos Económicos