Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 52 Mércores, 16 de marzo de 2016 Páx. 9904

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello da Mezquita

ANUNCIO de exposición pública da delimitación do núcleo rural de Chaguazoso.

Neste Concello tramítase o expediente de delimitación de núcleo rural de Chaguazoso, conforme a disposición adicional segunda, punto 2, da Lei 9/2002, de ordenación urbanística e protección do medio rural de Galicia, coas posteriores modificacións, exponse ao público durante o prazo dun mes que se contará a partir do día seguinte á publicación deste anuncio no DOG e en dous dos xornais dos de maior difusión na provincia. Durante este tempo poderá ser examinado e poderanse formular as alegacións ou observacións que se consideren pertinentes.

A Mezquita, 9 de marzo de 2016

Rafael Pérez Vázquez
Alcalde