Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 52 Mércores, 16 de marzo de 2016 Páx. 9861

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía, Emprego e Industria

ANUNCIO do 18 de febreiro de 2016, da Xefatura Territorial de Pontevedra, polo que se dispón a notificación da resolución do expediente IN635C 2015/3-4 e un máis.

De conformidade co disposto no artigo 59.5 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, notifícase ás entidades que se relacionan no anexo a resolución do expediente sancionador por infracción en materia de industria, por non ser posible por correo certificado. Así mesmo, a eficacia desta resolución queda supeditada á súa publicación no taboleiro de edictos único (TEU) do Boletín Oficial del Estado (BOE).

Os interesados/as ou os seus representantes dispoñen dun prazo de quince (15) días, contados a partir do seguinte ao da publicación deste anuncio de notificación, para poder examinar o expediente nas dependencias da Asesoría Xurídica da Xefatura Territorial da Consellería de Economía, Emprego e Industria, situadas na avenida Fernández Ladreda, 46, 5º andar, 36003 Pontevedra, e para interpoñer recurso potestativo de reposición perante o conselleiro de Economía, Emprego e Industria no prazo dun mes, contado desde o día seguinte ao da publicación deste resolución no BOE.

Pontevedra, 18 de febreiro de 2016

Ignacio Rial Santomé
Xefe territorial de Pontevdra

ANEXO

Expediente de reclamación: IN635C 2015/3-4.

Reclamante: Motor Carregal, C.B.

CIF: E94098183.

Acto notificado: resolución de expediente sancionador.

Expediente de reclamación: IN635C 2015/9-4.

Reclamante: Cristian Giráldez Riobó.

NIF/CIF: 36175814B.

Acto notificado: resolución de expediente sancionador.