Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 52 Mércores, 16 de marzo de 2016 Páx. 9862

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía, Emprego e Industria

ANUNCIO do 18 de febreiro de 2016, da Xefatura Territorial de Pontevedra, polo que se dispón a notificación da incoación do expediente IN635C 2015/61-4 e un máis.

De conformidade co disposto no artigo 59.5 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, notifícase ás entidades que se relacionan no anexo a incoación do expediente sancionador por infracción en materia de industria, por non ser posible por correo certificado. Así mesmo, a eficacia desta notificación queda supeditada á súa publicación no taboleiro edictal único (TEU) do Boletín Oficial del Estado (BOE).

Os interesados/as ou os seus representantes dispoñen dun prazo de quince (15) días, contados a partir do seguinte ao da publicación deste anuncio de notificación, para poderen examinar o expediente nas dependencias da Asesoría Xurídica da Xefatura Territorial da Consellería de Economía, Emprego e Industria, situadas na avenida Fernández Ladreda, 46, 5º andar, 36003 Pontevedra, e para achegar por escrito cantas alegacións, documentos, informacións ou probas considere convenientes en defensa dos seus dereitos.

Pontevedra, 18 de febreiro de 2016

Ignacio Rial Santomé
Xefe territorial de Pontevedra

ANEXO

Expediente de reclamación: IN635C 2015/61-4.

Reclamante: Manfrilec Vigo, S.L.

CIF: B27711399.

Acto notificado: incoación de expediente sancionado.

Expediente de reclamación: IN635C 2015/69-4.

Reclamante: Óscar Alonso Rodríguez-Óscar Import.

NIF/CIF: 76905347V.

Acto notificado: incoación de expediente sancionador.