Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 52 Mércores, 16 de marzo de 2016 Páx. 9863

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía, Emprego e Industria

ANUNCIO do 18 de febreiro de 2016, da Xefatura Territorial de Pontevedra, polo que se dispón a notificación da incoación do expediente IN635C 2015/53-4.

De conformidade co disposto no artigo 59.5 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, notifícaselle á entidade que se relaciona no anexo a incoación do expediente sancionador por infracción en materia de minas, por non ser posible por correo certificado. Así mesmo, a eficacia desta notificación queda supeditada á súa publicación no taboleiro de edictos único (TEU) do Boletín Oficial del Estado (BOE).

A entidade interesada dispón dun prazo de quince (15) días, contados a partir do seguinte ao da publicación deste anuncio de notificación, para poder examinar o expediente nas dependencias da Asesoría Xurídica da Xefatura Territorial da Consellería de Economía, Emprego e Industria, situadas na avenida Fernández Ladreda, 46, 5º andar, 36003 Pontevedra, e para achegar por escrito cantas alegacións, documentos, informacións ou probas considere convenientes en defensa dos seus dereitos.

Pontevedra, 18 de febreiro de 2016

Ignacio Rial Santomé
Xefe territorial de Pontevedra

ANEXO

Expediente de reclamación: IN635C 2015/53-4.

Reclamante: Pontevex, S.L.

CIF: B36746626.

Acto notificado: incoación do expediente sancionador en materia mineira.