Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 51 Martes, 15 de marzo de 2016 Páx. 9573

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 5 da Coruña

EDICTO (128/2015).

Eu, María Jesús Hernando Arenas, secretaria xudicial do Xulgado do Social número 5 da Coruña, fago saber que no procedemento ordinario 128/2015 deste xulgado do social, seguido por instancia de Antonio Fajín Caamaño contra Novilma Obras y Servicios, S.L. e o Fondo de Garantía Salarial, sobre ordinario, ditouse auto cuxa parte dispositiva di:

«Dispoño ter por desistido a Antonio Fajín Caamaño da súa demanda fronte a Novilma Obras y Servicios, S.L. e o Fondo de Garantía Salarial, en materia de reclamación de cantidade.

Arquivar as actuacións unha vez que sexa firme esta resolución».

E para que sirva de notificación en legal forma á empresa Novilma Obras y Servicios, S.L., en ignorado paradoiro, expido o presente edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírtese ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

A Coruña, 24 de febreiro de 2016

A secretaria xudicial